Os mellores anos da nosa vida
Os mellores anos da nosa vida (en inglés: The Best Years of Our Lives, tamén coñecido como Glory for Me e Home Again) é un filme estadounidense dirixido por William Wyler e protagonizado por Myrna Loy, Fredric March, Dana Andrews, Teresa Wright, Virginia Mayo e Harold Russell. O filme conta a historia de tres militares que se adaptan á vida civil despois de combater na segunda guerra mundial. Samuel Goldwyn inspirouse en producir un filme sobre veteranos despois de ler o 7 de agosto de 1944 un artigo de Time sobre as dificultades que experimentan os soldados que volven á vida civil. Goldwyn contratou o antigo correspondente de guerra MacKinlay Kantor para escribir o guión. O seu traballo foi publicado primeiro nunha novela, Glory for Me, que Kantor escribiu en verso branco.[4][5][6][7] Robert E. Sherwood adaptou a novela nun guión.[7]
Os mellores anos da nosa vida | |
---|---|
Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Best Years of Our Lives |
Director | William Wyler |
Produtor | Samuel Goldwyn |
Guión | Robert E. Sherwood |
Baseado en | Glory for Me novela de MacKinlay Kantor |
Intérpretes | |
Música | |
Fotografía | Gregg Toland |
Montaxe | Daniel Mandell |
Estudio | Samuel Goldwyn Productions |
Distribuidora | RKO Radio Pictures |
Estrea | 21 de novembro de 1946 18 de xuño de 1994 (TVG) |
Duración | 172 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama |
Orzamento | $2 100 000[1] ou $3 000 000[2] |
Recadación | $23 700 000[3] |
Na rede | |
The Best Years of Our Lives gañou sete Premios Oscar en 1946, incluíndo o mellor filme, mellor director (William Wyler), mellor actor (Fredric March), mellor actor secundario (Harold Russell), mellor montaxe (Daniel Mandell), mellor guión adaptado (Robert E. Sherwood) e mellor banda sonora (Hugo Friedhofer).[8] Ademais do éxito entre a crítica, o filme axiña se converteu nun grande éxito comercial. Foi o filme con maior recadación e con máis espectadores dos Estados Unidos e do Reino Unido dende a estrea de Foise co vento, vendendo arredor de 55 millóns de entradas nos Estados Unidos[9] o que equivale a $23 650 000.[10]
Estreouse en galego o 14 de xuño de 1994 a través da TVG.[11]
Personaxes
editar- Myrna Loy como Milly Stephenson
- Fredric March como Sarxento Al Stephenson
- Dana Andrews como Capitán Fred Derry
- Teresa Wright como Peggy Stephenson
- Virginia Mayo como Marie Derry
- Cathy O'Donnell como Wilma Cameron
- Hoagy Carmichael como Tío Butch Engle
- Harold Russell como Homer Parrish
- Gladys George como Hortense Derry
- Roman Bohnen como Pat Derry
- Ray Collins como Mr. Milton
- Minna Gombell como Mrs. Parrish
- Walter Baldwin como Mr. Parrish
- Steve Cochran como Cliff
- Dorothy Adams como Mrs. Cameron
- Don Beddoe como Mr. Cameron
- Marlene Aames como Luella Parrish
- Charles Halton como Prew
- Ray Teal como Mr. Mollett
- Howland Chamberlain como Thorpe
- Dean White como Novak
- Erskine Sanford como Bullard
- Michael Hall como Rob Stephenson
- Victor Cutler como Woody Merrill
- Robert Karnes como Sarxento técnico
Notas
editar- ↑ Thomson 1993, pp 490–491.
- ↑ vhttps://archive.org/stream/variety165-1947-01#page/n85/mode/1up
- ↑ " 'Best Years of Our Lives' (1946)." Box Office Mojo. Consultado o 4 de febreiro de 2010.
- ↑ Kantor, MacKinlay (1945). Glory for Me. Coward-McCann. OCLC 773996.
- ↑ Easton, Carol (2014). The Search for Sam Goldwyn. Univ. Press of Mississippi. ISBN 978-1-62674-132-4.
- ↑ Orriss 1984, p. 119.
- ↑ 7,0 7,1 Levy, Emanuel (4 de abril de 2015). Emanuel Levy: Cinema 24/7, ed. "Oscar History: Best Picture–Best Years of Our Lives (1946)". Arquivado dende o orixinal (review) o 18 de xaneiro de 2017. Consultado o 16 de xaneiro de 2017.
- ↑ "The 19th Academy Awards (1947) Nominees and Winners." oscars.org. Consultado o 20 de novembro de 2011.
- ↑ "Domestic Total: Estimated tickets: 'The Best Years of Our Lives'." Box Office Mojo. Consultado o 10 de febreiro de 2015.
- ↑ "Box office: 'The Best Years of Our Lives'." Box Office Mojo. Consultado o 10 de febreiro de 2015.
- ↑ La Voz de Galicia, 18 de xuño de 1994. Páx. 83
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Os mellores anos da nosa vida |
Ligazóns externas
editar- Os mellores anos da nosa vida na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)