[go: up one dir, main page]

Olympic Air (en grego: Ολυμπιακή) é unha aeroliña rexional, subsidiaria da aeroliña nacional grega Aegean Airlines. Inicialmente creouse a partir da privatización da antiga compañía de bandeira Olympic Airlines, unha empresa que levou o nome de Olympic Airways dende 1957 ata os comezos do século XXI. Olympic Air comezou a realizar voos limitados o 29 de setembro de 2009, despois de que Olympic Airlines cesara todas as súas operacións, tendo lugar a inauguración dos seus voos a grande escala o día 1 de outubro. O seu principal centro de operacións atópase no Aeroporto Internacional de Atenas, sendo o aeroporto de Rodas o seu hub secundario. A súa sede atópase no Edificio 57 do aeroporto de Atenas en Spata.

Olympic Air
IATA
OA
OACI
OAL
Indicativo
OLYMPIC
Fundación1957 (2009 con novo nome, e 2013 con nova compañía)
Inicio das operacións29 de setembro de 2009
Aeroporto principalAeroporto Internacional de Atenas
Centro de conexiónAeroporto de Rodas
Frota14
Destinos18
HoldingAegean Airlines
DirixentesTheodoros Vassilakis (presidente e CEO)
Páxina web: https://www.olympicair.com/
Frota de Olympic Air
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
Bombardier Dash 8 Q100 4 0 37
Bombardier Dash 8 Q400 10 0 78
Total 14 0

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar