Olga Nikolaevna Romanova
Olga Nikolaevna Romanova (en ruso: Ольга Николаевна), nada en Tsarskoe Selo o 3 de novembroxul./ 15 de novembro de 1895greg. e finada en Ekaterimburgo o 17 de xullo de 1918, foi unha gran duquesa rusa, filla primoxénita do tsar Nicolao II de Rusia e a súa muller Alexandra.
Traxectoria
editarDurante a súa vida, o futuro matrimonio da gran duquesa foi obxecto de grande especulación no imperio. Algúns rumores a relacionaban co gran duque Demetrio Pavlovich de Rusia, Carlos de Romanía, Eduardo de Gales, e con Alexandre de Serbia. A propia Olga anunciou en varias ocasións a súa intención de casar cun ruso e permanecer no país. Durante a primeira guerra mundial, Olga traballou como enfermeira ao cargo dos soldados feridos nun hospital militar montado en Tsarskoe Selo, ata que tivo que deixalo por mor dos nervios e pasou a adicarse ás tarefas administrativas.[1]
A súa morte tivo lugar trala revolución rusa de 1917 e a chegada ao poder dos bolxeviques. A familia imperial foi exiliada a Ekaterimburgo onde foi asasinada a noite do 17 de xullo de 1918. Os restos da familia foron atopados trala caída da Unión Soviética e sepultados en 1998 na catedral de san Pedro e san Paulo de San Petersburgo. A Igrexa ortodoxa rusa canonizou a Olga, xunto ao resto da súa familia como mártires portadores da paixón.[2]
Devanceiros
editarNotas
editar- ↑ Buxhoeveden, Sophie. "The Life and Tragedy of Alexandra Feodorovna: Empress of Russia". alexanderpalace.org. Consultado o 5 de xuño de 2018.
- ↑ Shevchenko, Maxim (May 31, 2000). "The Glorification of the Royal Family". Nezavisimaya Gazeta. Arquivado dende o orixinal o 24 de agosto de 2005. Consultado o December 10, 2006.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Olga Nikolaevna Romanova |
Outros artigos
editar Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |