[go: up one dir, main page]

OU-904

estrada autonómica galega do límite provincial Pontevedra/Ourense á Barca (Ourense)

A OU-904[1][2] (na provincia de Ourense), é unha estrada da Rede Secundaria da Xunta de Galicia que une as localidades da ponte do río Miño e A Barca; ambas no concello de Cortegada. Ten unha lonxitude de 0,26 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa PO-904 na ponte do río Miño co límite provincial de Pontevedra e Ourense e finaliza nun cruzamento coa OU-801 na Barca (Cortegada).

OU-904
Mapa
Estrada OU-904
Antiga ponte sobre o río Miño, límite entre a OU-904 e a PO-904
Identificador
TipoloxíaEstrada da Rede Secundaria
RedeRede de estradas de Galicia
Titular da vía
Xunta de Galicia

Dimensións
Lonxitude0,26 km
Formato1 carril por sentido
Localización
Inicio PO-904   Ponte do río Miño 
Fin OU-801  A Barca
  1. "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021. 
  2. "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.