Nucleotidiltransferase
As nucleotidiltransferases son encimas transferases de grupos que conteñen fósforo, por exemplo, substituíntes de ácidos nucleicos (nucleotidílicos) ou simplemente nucleósidos monofosfato. A rección xeral de transferencia dun residuo de nucleósido monofosfato de A a B, pode escribirse así:
- A-P-N + B A + B-P-N
Por exemplo, no caso das polimerases, A é un pirofosfato e B é o polinucleótido nacente.
Son clasificados co número EC 2.7.7 e poden ser subdivididos nos seguintes grupos:
- Uridililtransferases, que transfiren grupos uridililo.
- Adenililtransferases, que transfiren grupos adenililo.
- Guanililtransferases, que transfiren grupos guanililo.
- Cititidililtransferases, que transfiren grupos citidililo.
- Timidililtransferases, que transfiren grupos timidililo.
Papel nos mecanismos de reparación do ADN
editarUnha nucleotidiltransferase é un compoñente da vía de reparación dun só nucleótido por reparación por escisión de bases (BER). Este mecanismo de reparación empeza cando un só nucleótido determinado é recoñecido pola ADN glicosilase como apareado incorrectamente ou mutado dalgunha maneira (por luz UV, mutáxeno químico, etc.), e é eliminado. Posteriormente, utilízase unha nucleotidiltranferase para encher o oco coa base correcta, usando como referencia a febra molde. [1]
Notas
editar- ↑
Yuan Liu; Rajendra Prasad; William A. Beard; Padmini S. Kedar; Esther W. Hou; David D. Shock; Samuel H. Wilson (May 4, 2007). "Coordination of Steps in Single-nucleotide Base Excision Repair Mediated by Apurinic/Apyrimidinic Endonuclease 1 and DNA Polymerase β" (PDF). Journal of Biological Chemistry 282 (18): 13532–13541. PMC 2366199. PMID 17355977. doi:10.1074/jbc.M611295200.
Os encimas e factores accesorios implicados nas subvías da BER en células de mamíferos recibiron considerable atención. Como se resumiu arriba, durante a SN-BER están implicadas cinco reaccións encimáticas distintas. Estas son: 1) eliminación dunha base modificada por unha ADN N-glicosilase monofuncional específica de lesión, 2) incisión 5' do sitio abásico por un encima de incisión de febra hidrolítico, 3) síntese do ADN por unha nucleotidiltransferase, 4) eliminación do grupo 5'-dRP por unha reacción de eliminación, e 5) selado da amosega por unha ADN ligase (36, 37)
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Nucleotidyltransferases Medical Subject Headings (MeSH) na Biblioteca Nacional de Medicina dos EUA.
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |