[go: up one dir, main page]

Noalla, San Cibrao das Viñas

parroquia civil do concello de San Cibrao das Viñas

San Salvador de Noalla é unha parroquia do concello de San Cibrao das Viñas. En 2011, segundo o IGE, tiña 1198 habitantes (609 homes e 589 mulleres).

Noalla
Pazo en Noalla
ConcelloSan Cibrao das Viñas[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°17′05″N 7°50′51″O / 42.284619444444, -7.8475333333333
Poboación1.198 hab. (2011)
Entidades de poboación9[1]
editar datos en Wikidata ]
Igrexa parroquial.

Patrimonio histórico-artístico

editar

Existe unha talla policromada do século XVI de Santa Rita na igrexa nova de Noalla e un pazo lindando coa estrada N-525, así como unha ponte, de orixe romana, sobre o río Barbaña, afluente do Miño. Pola parroquia discorre a Vía da Prata do Camiño de Santiago.

Festas

editar

O patrón é San Salvador, celebrado o 6 de agosto. Outras festas da parroquia son a Virxe dos Remedios, en Reboredo o 8 de setembro e Santa Rita, tamén en Noalla, o 22 de maio.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Noalla

editar
Lugares da parroquia de Noalla no concello de San Cibrao das Viñas (Ourense)

Áspera | Castroverde | O Cumial | Noalla | Polígono Industrial | A Ponte Noalla | Reboredo | Santa Marta | Veiga


Parroquias de San Cibrao das Viñas

editar
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de San Cibrao das Viñas

Gargantós (Santa Comba) | Noalla (San Salvador) | Pazos de San Clodio (San Clodio) | Rante (Santo André) | San Cibrao das Viñas (Santo Ildefonso) | Santa Cruz da Rabeda (Santa Cruz) | Soutopenedo (San Miguel)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar