Nicodemus Tessin o Novo
Nicodemus Tessin o Novo, nado en Estocolmo o 23 de maio de 1654 e finado o 10 de abril de 1728 na mesma cidade, foi un dos máis importantes arquitectos de Suecia arredor de 1700.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de maio de 1654 Nyköping, Suecia |
Morte | 10 de abril de 1728 (73 anos) Estocolmo, Suecia |
Marechal Nacional da Suécia (pt) | |
1717 – 1727 ← Carl Piper (pt) – Magnus Julius De la Gardie (pt) → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Uppsala |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto, pintor, debuxante |
Alumnos | Jonas Erikson Sundahl (pt) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Hedvig Eleonora Stenbock (1689–1714) |
Fillos | Hedvig Charlotta Tessin, Ulrika Maria Tessin, Carl Gustaf Tessin |
Pai | Nicodemus Tessin o Vello |
Descrito pola fonte | Svenskt konstnärslexikon (en) |
Traxectoria
editarEra fillo do arquitecto da corte Nicodemus Tessin o Vello. Nicodemus Tessin foi tamén arquitecto da corte desde 1676, é arquitecto municipal de Estocolmo entre 1682–1715 e conselleiro real desde 1712. O seu fillo, o conde Carl Gustaf Tessin, foi un influente político sueco da súa época.
Foi educado polo seu pai. De 1673 a 1680 viaxou por Europa, visitando Inglaterra, Francia e Italia. En Italia, mercé a recomendación da raíña Cristina de Suecia, estudou no taller de Bernini entre 1675 e 1678. Esta viaxe de formación tería grande influencia na súa produción arquitectónica. Volto a Roma en 1687, Tessin frecuenta o estudo do pintor Giovan Battista Gaullì, dito Baciccio.
A súa principal realización foi o vasto pazo real de Estocolmo que iniciou en 1697. A morte do seu pai, proseguirá e completará o Castelo Drottningholm.
Obras (selección)
editar- Castelo Drottningholm, Lövö, completou a obra do seu pai.
- Castelo Steninge, Märsta (1694-98), con influencias de Vaux-le-Vicomte.
- Castelo Gottorf, en Schleswig, para o duque Friedrich IV de (Schleswig-Holstein-Gottorf).
- Pazo Real de Estocolmo, aquí con influencias de Bernini e o seu proxecto do Louvre.
- Casa do Concello de Södra, Estocolmo.
- Palacete Tessinska palatset, Estocolmo.
- Dreifaltigkeitskirche en Karlskrona, na que continúa a obra do seu pai.
- Friedrichskirche (Igrexa de Federico) en Karlskrona, de planta basilical. A fachada está inspirada en Santa Trinità dei Monti de Roma. Foi proxectada en 1690, mais a construción no se comezou ata 1720.
- Igrexa da Santa Trindade, en Karlskrona; era a igrexa da comunidade alemá residente na cidade,, polo que era coñecida como a "igrexa alemá". Ardeu en 1690, sendo reconstruída consonte o proxecto de Tessin.
- Kung Karls Kyrka (Igrexa do rei Carlos) en Kungsör
- Castelo Sturefors