[go: up one dir, main page]

Nantón, Cabana de Bergantiños

parroquia civil do concello de Cabana de Bergantiños

San Pedro de Nantón é unha parroquia que se localiza no sueste do concello de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2018 tiña 301 habitantes (159 mulleres e 142 homes) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 470 habitantes.

Nantón
Paisaxe nas proximidades da igrexa de San Pedro de Nantón.
ConcelloCabana de Bergantiños[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°09′50″N 8°51′53″O / 43.16394444, -8.86461111
Poboación301 hab. (2018)
Entidades de poboación14[1]
editar datos en Wikidata ]

Patrimonio

editar

Son de especial interese os petróglifos que se localizan nos montes da Piolla, o castro e mámoas de Anido (aínda sen escavar), a igrexa parroquial e o contorno da casa reitoral e o pazo de Casanova, do século XVII.

Comunicacións

editar

Esta localidade​ está cruzada de norte a sur pola estrada AC-552 que vai desde A Coruña a Cee.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Nantón

editar
Lugares da parroquia de Nantón no concello coruñés de Cabana de Bergantiños

A Ameixenda | O Bidual | Os Carballás | A Casanova | Castro do Anido | Cazón | A Cuncha | Denellón | Doeña | As Fontiñas | Os Martices | A Palleira | A Pedra | A Piolla

Parroquias de Cabana de Bergantiños

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cabana de Bergantiños

Anos (Santo Estevo) | Borneiro (San Xoán) | Canduas (San Martiño) | Cesullas (Santo Estevo) | Corcoesto (San Pedro) | Cundíns (San Paio) | O Esto (San Xoán Bautista) | Nantón (San Pedro) | Riobó (San Martiño) | A Silvarredonda (San Pedro)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar