[go: up one dir, main page]

National Center for Biotechnology Information

parte da Biblioteca Nacional de Medicina dos Estados Unidos
(Redirección desde «NCBI»)

O National Center for Biotechnology Information (NCBI), en galego Centro Nacional para a Información Biotecnolóxica, forma parte da Biblioteca Nacional de Medicina dos Estados Unidos (National Library of Medicine), unha rama dos Institutos Nacionais de Saúde (National Institutes of Health ou NIH). Está localizado en Bethesda, Maryland e foi fundado o 4 de novembro de 1988 coa misión de ser unha importante fonte de información de bioloxía molecular.

Logo do NCBI.

Bases de datos

editar

O NCBI almacena e constantemente actualiza a información referente a secuencias xenómicas en GenBank, un índice de artigos científicos referentes a biomedicina, biotecnoloxía, bioquímica, xenética e xenómica en PubMed, unha recompilación de enfermidades xenéticas humanas en OMIM, ademais doutros datos biotecnolóxicos de relevancia en diversas bases de datos.

Todas as bases de datos do NCBI están dispoñíbeis en liña de maneira gratuíta, e son accesíbeis usando o buscador Entrez.[1].

O NCBI ofrece ademais algunhas ferramentas bioinformáticas para a análise de secuencias de ADN, ARN e proteínas, sendo BLAST unha das máis usadas.

NCBI alberga xenoma secuenciado en GenBank, e un índice dos artigos biomédicos de investigación en PubMed Central e PubMed, así como outra información relevante para a biotecnoloxía. Todas estas bases de datos son accesíbeis en liña co motor de busca de Entrez.

O NCBI está dirixido por David Lipman, un dos autores orixinais do programa de aliñaación de secuencias BLAST e unha figura moie respectada en bioinformática. Tamén dirixe un programa de investigación intramuros, incluíndo grupos dirixidos por Stephen Altschul (outro coautor de BLAST), David Landsman e Eugene Koonin (autor prolífico sobre xenómica comparada).

GenBank

editar

O NCBI ten a responsabilidade de facer accesíbel a base de datos de secuencias de ADN de GenBank desde 1992. GenBank coordínase con laboratorios individuais e outras bases de datos de secuencias tales como as do European Molecular Biology Laboratory (EMBL) e a Base de Datos de ADN do Xapón (DDBJ).

Desde 1992, NCBI creceu para proporcionar outras bases de datos ademais de GenBank. NCBI proporciona Herdanza Mendeliana no Home en liña, a Molecular Modeling Database (estruturas 3D de proteínas), dbSNP (unha base de datos de polimorfismos de nucleótidos simples, a Unique Human Gene Sequence Collection, un mapa de xenes do xenoma humano, un buscador taxonómico, e tamén se coordina co National Cancer Institute para proporcionar o Cancer Genome Anatomy Project.

En taxonomía

editar

O NCBI asigna un identificador único (número de identificación da taxonomía) a cada especie.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar