Mortalla
Unha mortalla[1] ou sudario[2] é a vestidura que se pon a un cadáver iñantes de ser soterrado.
Historia
editarAntigüidade
editarNa antigüidade, os romanos xa amortallaban os seus mortos con vestidos brancos. Aos maxistrados púñanlles a toga pretexta; aos censores vestíanos de púrpura. Os gregos usaron tamén mortallas de cor branca cos mortos.
Uso en Inglaterra
editarEn Inglaterra por unha lei do país debíanse soterrar os mortos cunha tea de la, que chaman flanela, sen que fose permitido empregar unha hebra de fío. Esta tea era sempre branca e vendíanse as mortallas feitas de todos os prezos e de diversos tamaños nas tendas dos lenceiros. Lavaban ben o corpo e se era home, rasurábanlle a barba que lle houbera crecido na enfermidade. Embalsamaban ás persoas de distinción.
Uso no xudaísmo
editarOs hebreos envolvíanos nunha saba branca e ligaban cunhas faixas, e cubríanlles a cabeza cun lenzo chamado sudario distinto da saba. Os modernos púñanlles unha camisa e calzóns engadindo algúns unha especie de roquete de lenzo fino, o seu taled, que é unha capa cadrada con cordóns que colgan dela e cubrían a cabeza cun gorro branco. Así lle puñan no cadaleito feito expresamente para isto cun lenzo debaixo e outro enriba.
Se é persoa de distinción entre eles levaba o cadaleito puntiagudo e se é rabino ou Mestre da Lei, puñan sobre o corpo cantidade de libros, cubríanlle despois de negro e púñanlle fóra da casa para que xuntándose os veciños ao redor do féretro, lle chorasen. O costume de lanzar na rúa toda a auga que se atopa na casa e nas dos veciños, foi particular aos xudeus modernos: non se le que a practicasen os antigos. A intención que teñen nisto é advertir que hai naquel barrio un morto para que lle choren e isto é o que se acha na antigüidade.
Uso na igrexa católica
editarAs mortallas máis comúns entre os católicos reducíanse a envolver ao defunto nunha saba branca. Isto era práctica antiga en España pois lese que o corpo de San Isidro, visitado por Don Gómez Tello en 1565, achouse envolvido nunha saba de seda branca con outra de liño sobre a primeira. Moitas persoas deixan no seu testamento ordenado que se lles enterre con hábito dalgunha orde relixiosa por devoción. Aos eclesiásticos entérraselles coas vestiduras da Igrexa; aos regulares co hábito da súa orde; aos Cabaleiros das Ordes Militares co manto capitular, espuelas e daga. Ademais dos ornamentos sacros púñase noutro tempo ou o manual ou o libro dos Evanxeos sobre o corpo. O ritual antigo do Mosteiro de Silos, tomado na substancia do que se usou en tempo dos godos, di: Se o defunto foi da Orde Sacerdotal, poráselle sobre o peito o libro manual; e se foi Diácono, o libro dos Evanxeos.
Referencias
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Mortalla.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Sudario.