Monumento a Concepción Arenal
O monumento a Concepción Arenal é un conxunto escultórico realizado polo arquitecto Rafael González Villar na memoria da socióloga Concepción Arenal. Atópase nos Xardíns de Méndez Núñez.
Monumento a Concepción Arenal | |
---|---|
Monumento a Concepción Arenal | |
Presentación | |
Localización | A Coruña |
Dirección | Xardíns de Méndez Núñez |
Construción | |
Data da construción | 1916 |
Equipo | |
Escultor | Rafael González Villar |
Descrición
editarEn 1914 o concello da Coruña deulle o visto e prace á idea do presidente do Círculo de Artesáns de construír un monumento a Concepción Arenal nun dos macizos situados xunto ao estanque dos Xardíns do Recheo. No macizo simétricos situaríase outro monumento dedicado a Rosalía de Castro, que non chegou a levantarse.[1] O arquitecto Rafael González Villar ofreceuse desinteresadamente para o seu deseño.[2]
O monumento, aínda sen finalizar,[3] inaugurouse o 17 de setembro de 1916, estando presente o presidente do Consello de Ministros Eduardo Dato.[4]
O monumento é moi innovador, xa que nese momento o costume era colocar unha estatua do homenaxeado sobre un pedestal. Foi o primeiro monumento español pensado como un conxunto arquitectónico, e non se atopa ningún outro deste estilo ata 1931.[5] Está composto por seis pináculos, cunha escultura que representa unha aguia, un libro e unha serpe.[6] Tamén se incluíu un medallón co retrato da homenaxeada. A escultura é unha alegoría da obra de Concepción Arenal, que loitou por mellorar as condicións nos cárceres.[7] Neste simbolismo, así como nos ornamentos obsérvase un estilo modernista.[8] A obra de cantería levouna a cabo o construtor José María Longueira, os elementos ornamentais de forxa Julio Wonenburger e as esculturas de bronce Joaquín López Fernández.[3]
Galería de imaxes
editar-
Detalle da aguia
-
Medallón co retrato de Concepción Arenal
-
Monumento diante do estanque
Notas
editar- ↑ En 1952 decidiuse finalmente erguer un monumento a Rosalía de Castro na Coruña, situado nun lateral da estrada de Madrid.
- ↑ Garrido Moreno 1998, p. 126.
- ↑ 3,0 3,1 Garrido Moreno 1998, p. 127.
- ↑ Fernández Caamaño, J.M. (14-04-2019). "La cara y la cruz del homenaje a dos gallegas: Concepción Arenal y Rosalía de Castro". El Ideal Gallego (en castelán). Consultado o 26-10-2024.
- ↑ Garrido Moreno 1998, p. 128-29.
- ↑ Modernismo en A Coruña
- ↑ Esculturas en A Coruña
- ↑ Turismo da Coruña
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Monumento a Concepción Arenal |
A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
Bibliografía
editar- Garrido Moreno, Antonio (1998). El Arquitecto Rafael González Villar (en castelán). A Coruña: Deputación Provincial da Coruña. ISBN 84-89652-63-5.