[go: up one dir, main page]

Un monólogo (do grego monos "só" e logos "discurso") é un sistema de elocución e modalidade técnica xa antiga en literatura que consiste en reproducir, en estilo directo, e polo tanto en primeira persoa, dende o eu, o pensamento lóxico, coherente e non sempre exaltado dunha personaxe. Na novela, calquera clase de monólogo supón unha modalización do eu protagonista. No teatro repróchaselle ao monólogo a súa inverosimilitude, xa que o pensamento non se adoita expresar en voz alta. Isto, porén, resulta imprescindible dende un escenario, se se quere chegar aos espectadores, a miúdo únicos receptores deste xogo teatral que o monólogo constitúe, xa que, con frecuencia, ocorre que ninguén máis que eles escoita á personaxe.

O actor Christopher Walken interpretando un monólogo na obra de teatro de 1984, Hurlyburly.

Non obstante, algúns estudosos fan distinción entre o monólogo e o soliloquio, entendendo que o primeiro é pronunciado diante doutras personaxes sen agardar delas resposta e como vehículo de evocacións, exhortacións, relato de algo que os demais ignoran, lamentos..., mentres que no segundo o falante está só. O monólogo no teatro -ao igual que na novela- pode ter unha función narrativa, intimista ou lírica, reflexivo-argumentativa... e adoita ser moi estimado polos actores como medio de lucimento dos seus dotes. En poesía, o monólogo lírico supón o cume da subxectividade.

Véxase tamén

editar