Monòver
Monòver (en valenciano: Monòver, en castelán: Monóvar, as dúas denominacións cooficiais) é un concello do País Valenciano situado no interior da provincia de Alacant, na comarca do Vinalopó Mitjà. Ten 13.056 habitantes (INE 2008).
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||||
Provincia | Provincia de Alacant | ||||
Comarca da Comunidade Valenciana | Vinalopó Mitjà | ||||
Capital | Monóvar (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 12.542 (2023) (82,51 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá (lingua predominante) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 152 km² | ||||
Altitude | 341 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Salvador Poveda Bernabé (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 03640 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 03089 | ||||
Código ARGOS de concellos | 03089 | ||||
Sitio web | monovar.es |
Demografía e economía
editarA poboación distribúese en diferentes núcleos como por exemplo Monòver, Cases del Senyor, Xinorlet, Fondo e La Romaneta.
O calzado e a marroquinería, cunha importante industria de transformación de produtos agrarios (viños con Denominación de Orixe Alacant, sen esquecer o exclusivo Fondillón, o moscatel e froitos secos) constitúen a base dunha rica economía. Nas canteiras da Cavarassa extráese o mármore vermello "Alacant", e no plano artesanal destaca o traballo do vimbio, xoguetes, cestas e mobles de xardín.
A proximidade de Monòver ao casco urbano de Elda viuse aumentada ultimamente debido á sucesión urbana que supoñen polígonos industriais de ambas cidades, situados case conxuntamente.
Evolución demográfica do concello de Monòver | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1857 | 1887 | 1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2001 | 2006 | ||||||
8.640 | 8.792 | 10.601 | 11.243 | 10.377 | 9.799 | 9.933 | 9.979 | 10.393 | 10.348 | 11.111 | 12.137 | 11.916 | 12.841 |
Política
editar
BP | PP | PSPV | GIMV | Outros | Total | |
---|---|---|---|---|---|---|
2007 | 1 | 7 | 8 | 1 | 0 | 17 |
2003 | 0 | 8 | 7 | 3 | 0 | 17 |
Cidades irmandadas
editarPonteareas (polo padroado da Virxe dos Remedios)