Mercedes-Benz C112
O Mercedes-Benz C112 é un prototipo de automóbil superdeportivo desenvolvido por Mercedes-Benz, que se presentou no Salón do Automóbil de Frankfurt en 1991 como un vehículo de produción. É un cupé bipraza con portas de á de gaivota.
Mercedes-Benz C112 | |
Fabricante | Carrozzeria Coggiola (carrozaría) Daimler-Benz (chasis e interior)[1] |
País | Alemaña |
Deseño | Equipo de deseño avanzado de Mercedes-Benz dirixido por Bruno Sacco[2] |
Configuración | |
Tipo | Prototipo de superdeportivo |
Carrozaría | Cupé de 2 portas |
Configuración | Motor traseiro, tracción traseira |
Dimensións | |
Lonxitude | 4616 mm |
Anchura | 1976 mm |
Altura | 1200 mm |
Distancia eixes | 2700,02 mm |
Peso | 1569 kg[1] |
Características técnicas | |
Motor | V12 |
Velocidade máxima | 310 km/h |
Modelos relacionados | |
Relacionado | Mercedes-Benz C11[1] Isdera Commendatore 112i |
Equipamento
editarO Mercedes-Benz C112 está equipado con coxín de seguridade, un elemento de seguranza pasiva que aínda non era moi común a principios dos anos 90.
O coche conta co Active Body Control, que foi deseñado para controlar a estabilidade do vehículo a través dunha combinación de resortes activos e sistema hidráulico en cada roda, ademais de sensores que monitorean os movementos do vehículo. A computadora do vehículo avalía a información dos sensores e axusta a suspensión en consecuencia.
Na súa época, o C112 tamén contaba coas actualizacións máis recentes en freos antibloqueo (ABS) e sistema de control antideslizante (ASR) que dividen a presión de freado entre as rodas dianteiras e as traseiras.
Mecánica e prestacións
editarErixido na tradición do vehículo experimental C111, o C112 ten un motor V12 de 5987 centímetros cúbicos (6 litros), 48 válvulas e 402 HP (408 CV; 300 kW) que lle permite acadar unha velocidade máxima de 310 km/h[3] e acelerar de 0 a 100 km/h en 4,9 segundos. A caixa de cambios é manual de 6 marchas.
Produción
editarMalia que Mercedes-Benz tiña a intención de fabricar este modelo, finalmente a marca decidiu non producir o vehículo mesmo após recibir 700 pedidos.[3] Esta decisión probabelmente se debese á dificultade e os custos de trasladar naquela época toda a avanzada tecnoloxía do C112 a un coche de produción.[3]
Referencias
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Orlove, Raphael (31 de agosto de 2016). "When Mercedes Almost Built the World's Greatest Gullwing Supercar But Decided Not to Bother". Jalopnik.
- ↑ Ludvigsen, Karl (agosto de 2006). "Mercedes-Benz C112". Hemmings.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Mercedes-Benz C112: de Le Mans a la calle. Soymotor.com.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mercedes-Benz C112 |