[go: up one dir, main page]

Mercedes Peón

cantante galega

Mercedes Peón, nada na Coruña en 1967, é unha música, cantante e instrumentista galega.

Modelo:BiografíaMercedes Peón

(2019) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1967 Editar o valor en Wikidata (56/57 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, compositora Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz, gaita e clarinete Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsHenrique Peón Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webmercedespeon.gal Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0679281 Facebook: 100041938582548 Instagram: mercedes_peon BNE: XX1346471 Musicbrainz: 279c3bd0-8bd5-4a69-8ccd-cf371108271b Songkick: 178772 Discogs: 795864 Genius: Mercedes-peon Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Aos 13 anos escoitou as pandeireteiras da Costa da Morte, o que a impulsou con 17 anos a percorrer as aldeas e vilas de Galicia, entre elas a aldea dos seus avós maternos en Oza dos Ríos, recollendo a música e tradicións do pobo galego para gardalas e transmitilas ás novas xeracións. Formou parte do grupo folclórico Xacarandaina. En 1991 foi a primeira muller en participar no Trofeo MacCrimmon de Gaita (entón chamado Trofeo Macallan).

Dedicouse durante 17 anos á ensinanza da música e o baile tradicionais de Galicia, a través da docencia en escolas municipais. Acadou sona como presentadora dunha sección no programa de entretemento Luar da Televisión de Galicia no que traballou mostrando as súas investigacións de máis de 10 anos percorrendo as aldeas galegas na busca da tradición oral e as músicas máis ancestrais.

Formou o grupo Ajrú, co que gravou uns temas recollidos no compilatorio Naciones Celtas II. No 2000 deu vida ao disco Isué, no cal dá a súa interpretación persoal aos temas que gardara durante anos na súa gravadora. A innovación é tan sorprendente que as recompensas choven dentro e fóra do país (mellor disco do ano segundo a revista Folkworld e nomeamento á Mellor Artista do Ano na BBC Radio 3).

Mercedes Peón participou no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira en 2002 e 2007, e na edición do festival Womex de 2010 en Copenhague. Ademais participou en congresos e festivais falando sobre a creación colectiva, organizados polo Consello da Cultura Galega, a Universidade da Sorbona, Universidade de Gales, Universidade de Lisboa, Museo do Pobo Galego, homenaxe ao gaiteiro Ourense ou AGG. Tamén participou no espazo de pensamento e creación contemporánea de La Caldera (Barcelona), Mulheres e música. Representatividade e emancipação na música popular e tradicional (Estudos Galegos da Universidade Nova de Lisboa) ou os encontros de Pamplona xunto a Maria PTQK e Mireia Sallarés.

Colaboracións

editar

Para o teatro compuxo a música do espectáculo O quiosco das almas perdidas do Centro Coreográfico Galego; realizou o asesoramento sonoro e composición electroacústica para o espectáculo Concerto desconcerto da compañía Entremáns; composición da música para a obra Solo dos de Maruxa Salas.

Fixo o tema principal da serie de televisión Mareas vivas; a música da longametraxe documental Liste, pronunciado Lister (2007), da curtametraxe Cienfuegos 1913 e mais do filme Nación (2020) de Margarita Ledo. Tamén realizou a intervención sonora crítica, e instalación crítica de Suso Basterrechea na Cidade da Cultura. Dirección e coordinación do espectáculo Galadas, con Mónica de Nut, Ana Fernández, Janet Novás, Yolanda Castaño, Lucía Aldao e as tocadoras de Toutón. No 2018 presentou a obra Mercedes mais eu coa bailarina e coreógrafa Janet Novás. En febreiro de 2021 presentou no Teatro Conde-Duque de Madrid a peza Ósmose en diálogo con Peque Varela e Laura Iturralde. Coa banda sonora do filme O corpo aberto (Ángeles Huerta, 2022) acadou o Premio Mestre Mateo á mellor música orixinal.

Discografía

editar
 
Mercedes Peón tocando a gaita no Festival de Lorient de 2019.
  • Isué (Resistencia, 2000; CD, Albúm, Digipak)
  • Ajrú (Discmedi, 2003; CD, Albúm, Digipak)
  • Sihá (Discmedi, 2007; CD, Albúm, Digipak)
  • Sós (Do Fol Edicións, 2011; CD, Albúm, Promo)
  • Déixaas (Altafonte, 2018)

Galardóns e nomeamentos

editar
  • Premio Especial do Xurado e Premio á Autenticidade no Festival Cidade Vella de Santiago Compostela (1990)
  • Premio ao mellor disco do ano da revista Folkworld (2000) polo disco Isué.
Ano Categoría Produción Resultado
2002 Mellor banda sonora Mareas vivas Nomeada
2021 Mellor música orixinal Nación Nomeada
2023 Mellor música orixinal O corpo aberto Gañadora

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar