Meirás, Sada
San Martiño de Meirás é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Sada. Segundo o IGE en 2013 tiña 1.097 habitantes (551 mulleres e 546 homes) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 703 habitantes.
Meirás | |
---|---|
Concello | Sada[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°21′19″N 8°18′08″O / 43.3553, -8.3021 |
Poboación | 1.143 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 19[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Orogaficamente, é a parroquia máis elevada do concello, se ben non chega a superar os 170 m en Muíño do Vento.
A súa poboación dedicouse tradicionalmente á agricultura, coma demostra o Catastro de Ensenada no 1752.
Historia
editarNo 1812, co nacemento do concello de Sada, incorporouse a el. Durante a II República existiu unha importante actividade sindical, coa creación da Asociación Agraria de Meirás e o Sindicato de Profesiones Varias de Meirás. Este último, de filiación cenetista, mantería un longo e intenso conflito cun propietario local, José Gayoso, polo control dunhas terras arrendadas a dúas familias campesiñas e ás que lles quería incrementar a renda. Os veciños tomarían a leira pola forza, sendo desaloxados en numerosas ocasións polos gardas de asalto e, algúns deles, encarcerados. Finalmente, o párroco Benigno Mayo, que favorecera coas súas actuacións a Gayoso, sería expulsado da parroquia e a casa reitoral tomada. Vencellada ao Sindicato, cabe destacar a creación no 1933 do Centro de Estudios Sociales Generación Consciente, unha agrupación cultural que tiña por finalidade xuntar unha biblioteca, realizar conferencias e artellar unha escola libre.
Coa sublevación militar do 1936 desataríase unha fera represión, sendo asasinados dous sindicalistas (Antonio Carballeira Muñiz e Manuel Prego Chas) e habéndose de agochar moitos outros por meses ou incluso anos. No 1937, Pedro Barrié de la Maza e outros empresarios constituirían unha Junta Pro Pazo del Caudillo, co obxecto de mercar as Torres de Meirás aos herdeiros da Condesa de Pardo Bazán e regalarllas ao ditador. Asemade, os fondos para a compra conseguiríanos mediante unha forzosa "subscrición popular", obrigando os veciños a pagar mediante a coacción. Para ampliar os terreos do pazo expropiaríanse, con ridículas indemnizacións ou sen elas, os terreos lindeiros ao mesmo, incluída unha vivenda. Logo, coa chegada de Franco, Meirás cobraría un protagonismo que, en todo caso, nunca supuxo beneficio algún para os seus habitantes.
No ano 1978, o rei Juan Carlos I concedeu á muller do ditador, Carmen Polo, o señorío de Meirás. Hoxe en día desatouse un importante movemento para a recuperación do inmoble e a súa devolución ao pobo, xa que a súa adquisición foi totalmente ilícita.[2]
Cultura
editarTopónimo
editarMeirás é un antropónimo prerromano que fai referencia a algo ligado á auga. Este tería xurdido antes do século III.[3][4][5][6]
Patrimonio
editarPatrimonio arquitectónico
editar- Castro de Meirás
- Torres ou Pazo de Meirás
- Capela neogótica do convento de Meirás
- Cruceiro de Meirás
- Muíño de vento
- Diversas mostras de arquitectura popular
Galería de imaxes
editar-
Ara co texto "Coso Udaviniago".
-
Tamén interpretado como "Cosou Daviniago".
Lugares e parroquias
editarLugares de Meirás
editarLugares da parroquia de Meirás no concello de Sada (A Coruña) | |
---|---|
As Agras | A Cañota | Cimás | O Cruceiro | A Encrucillada | Muíño do Vento | O Pé do Muíño | Peredo | Piñeiro | O Redondo | A Regueira | Senra | Souto da Igrexa | Os Tornos | Torrón | Tumbadoiro | A Valía | O Valo | Vilar |
Parroquias de Sada
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ *Un obsequio para el Generalísimo, pero a nombre de Carmen Polo en elpais.com (en castelán) *O Pazo no NODO en youtube.com
- ↑ Cabeza Quiles, F. (1992). Os nomes de lugar. Topónimos de Galicia: a sua orixe e o seu significado. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
- ↑ Meméndez de Luarca y Navia Osorio, J. R. (2000). La construcción del territorio. Mapa histórico del Noroeste de la Península Ibérica. Madrid.
- ↑ Sacau Rodríguez, G (1998-2004). Os nomes da Ría de Vigo. Vigo.
- ↑ Sánchez Pardo, JC.; Andrade Cernadas, JM (Dirección) (2008). "Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media (Tese)". Universidade de Santiago de Compostela: 1051.