Max Born
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2017.) |
Max Born, nado en Wrocław (Polonia) o 11 de decembro de 1882 e finado en Gotinga (Alemaña) o 5 de xaneiro de 1970, foi un matemático e físico británico, de orixe alemá, galardoado co Premio Nobel de Física o ano 1954 polas súas investigacións en mecánica cuántica.
Traxectoria
editarNaceu na cidade de Wrocław, hoxe en día sita en Polonia, mais que naqueles momentos formaba parte do Imperio Alemán. Estudou bacharelato no König-Wilhelm-Gymnasium e posteriormente matemáticas e física na Universidade de Wrocław, Heidelberg e Zürich, doutorándose no ano 1906 en Gotinga. Profesor nas universidades de Berlín, Frankfurt-am-Main, Gotinga, Cambridge e Edimburgo, en 1939 foi admitido como membro da Royal Society británica.
Investigacións científicas
editarEntre 1915 e 1919 foi profesor de física teórica na Universidade de Berlín, onde coñeceu e relacionouse con Albert Einstein.
A partir de 1921, na Universidade de Gotinga, iniciou as súas investigacións científicas xunto ao seu asistente Werner Heisenberg e relacionándose tamén con Wolfgang Pauli. Ambos físicos formularon a representación mecánica da matriz do quanto a partir dun primeiro borrador de Heisenberg no cal formulaba a teoría do quanto evitando as representacións concretas, mais inobservábeis da órbita do electrón usando parámetros como a probabilidade da transición. Diante deste feito, Born recoñeceu que a formulación podía ser transcrita na lingua das matrices, que aprendera xunto a David Hilbert.
En 1933, Born abandonou Alemaña para refuxiarse na Universidade de Cambridge pola súa orixe xudía, aínda cando el profesaba a relixión luterana, así como polo seu pacifismo. En 1936 foi nomeado profesor de Filosofía Natural na Universidade de Edimburgo, cargo que desenvolveu até o ano 1953.
En 1954 volveu ao seu país e foi galardoado co Premio Nobel de Física, xunto con Walther Bothe, polas súas investigacións na mecánica cuántica, especialmente no estudo da función das ondas. En 1955 foi un dos 11 científicos e intelectuais que asinaron o Manifesto Russell-Einstein.
Outros
editarÉ coñecido pola súa profecía errada 'Á física, tal como a coñecemos, quédanlle seis meses de vida'.[1]
Notas
editar- ↑ Glashow, Sheldon L. (1994). Interacciones : una visión del mundo desde el encanto de los átomos. Barcelona: Tusquets. ISBN 84-7223-429-0. OCLC 43732833.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Max Born |