[go: up one dir, main page]

Match Point

filme de 2005 dirixido por Woody Allen

Match Point é un filme británico-luxembugués de 2005 escrito e dirixido por Woody Allen. Está protagonizado por Jonathan Rhys Meyers, Scarlett Johansson, Emily Mortimer, Matthew Goode, Brian Cox e Penelope Wilton. No filme, a personaxe de Rhys Meyers casa cunha moza de familia rica, mais a súa nova posición social está ameazada pola súa relación coa cuñada, interpretada por Johansson. O filme trata temas como a moralidade, a cobiza, a luxuria, os cartos e a sorte na vida, o cal leva a comparalo con outro filme de Allen, Crimes and Misdemeanors (1989). Foi producido e rodado en Londres despois de que Allen atopase dificultades e apoio financeiro para rodalo en Nova York. O acordo obrigouno a empregar un elenco na súa maioría británico, e a re-escribir o guión para adaptalo a Londres.

Match Point
Ficha técnica
Título orixinalMatch Point
DirectorWoody Allen
ProdutorLetty Aronson
Gareth Wiley
Lucy Darwin
GuiónWoody Allen
IntérpretesBrian Cox
Matthew Goode
Scarlett Johansson
Emily Mortimer
Jonathan Rhys Meyers
Penelope Wilton
MúsicaGeorges Bizet
Gaetano Donizetti
Carlos Gomes
Andrew Lloyd Webber
Gioacchino Rossini
Giuseppe Verdi
FotografíaRemi Adefarasin
MontaxeAlisa Lepselter
EstudioBBC Films
Thema Production
Jada Productions
DistribuidoraDreamWorks Pictures (USA)
Icon Productions (Reino Unido)
EstreaCannes: 12 de maio de 2005
6 de xaneiro de 2006
Duración124 minutos[1]
OrixeReino Unido Reino Unido
Luxemburgo Luxemburgo
XéneroSuspense
Orzamento$15 000 000
Recadación$85 300 000[2]
Na rede
http://www.matchpoint.dreamworks.com
IMDB: tt0416320 Filmaffinity: 695647 Allocine: 57866 Rottentomatoes: m/match_point Mojo: matchpoint Allmovie: v326909 TCM: 622371 Metacritic: movie/match-point TV.com: movies/match-pointmovies/match-point Netlix: 70035180 Editar o valor en Wikidata

A crítica dos Estados Unidos louvou o filme e a súa ambientación británica, e considerouna como unha volta á esencia de Allen. Pola contra, a crítica británica considerou Match Point dun xeito menos favorable, atopando problemas nas localizacións e na linguaxe dos diálogos. Allen foi nomeado ó Oscar ó mellor guión orixinal.

Personaxes

editar
  1. British Board of Film Classification, ed. (6 de setembro de 2005). "Match Point (12A)". Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2014. Consultado o 15 de maio de 2013. 
  2. Box Office Mojo (ed.). "Match Point (2005)". Consultado o 11 de novembro de 2010. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar