[go: up one dir, main page]

Masoucos, Castroverde

parroquia civil do concello de Castroverde

Santiago de Masoucos é unha parroquia que se localiza no concello lugués de Castroverde. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 47 habitantes (27 homes e 20 mulleres), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 54 habitantes. Amais dos lugares de Masoucos e Trascastro, no Barreal hai unhas 5 casas e unha acea, separadas claramente do núcleo de Masoucos.

Masoucos
Igrexa parroquial de Masoucos
ConcelloCastroverde[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas42°59′53″N 7°16′58″O / 42.99801815, -7.28290389
Poboación29 hab. (2019)
Entidades de poboación2[1]
editar datos en Wikidata ]

Xeografía

editar

Está situada nunha costa, na aba da serra de Mordei. Limita coas parroquias da Frairía ó norte, Barreiros e Riomol ó sur, A Esperela e Pousada (as dúas do concello de Baleira) ó leste e A Frairía e Barreiros ó oeste.

O clima é oceánico con matices continentais, cunha oscilación térmica de máis de 20 °C entre temperaturas invernais baixas (-5,6 °C en xaneiro) e as suaves do verán (17,7 °C). A pluviosidade é duns 1.000 mm anuais.

Está regado polo rego de Masoucos, tamén chamado Cubeiro. Ten moitas fontes: Abelleira, Alargo, Barral, Caspalledo, Cubeiro, Grobiña, Lamas, Masoucos de Arriba, dos Pollos, Reboira, Senela, Travesela e Trascastro.

Entre os seus montes destacan A Devesa (798 metros) e O Puñago (820 metros).

Monumentos

editar

O templo parroquial, rodeado do adro e do camposanto, está levantado sobre un antigo castro, no cumio dun outeiro. Existe unha cova cerca da igrexa que segundo a lenda foi feita polos mouros e que podería ter conexión co castro. A igrexa parroquial presenta unha nave rectangular, co teito de madeira a dúas augas sobre tres vigas tirantes. Ten unha porta na fachada sur. Frontispicio de perpiaño de bos bloques de pedra granítica. A porta é adintelada. Espadana dun corpo con dúas troneiras, e unha campá; cimacio cunha troneira e tres pináculos. Protexe o acceso un amplo e forte cabido, cerrado por unha repisa con só acceso frontal; sobre da repisa, como baseamento corrido, elévanse seis piares que soportan o teito, a tres augas. Pola parte interior unha repisa corrida ou podio que serve para asento.

O presbiterio é algo máis amplo e elevado cá nave, e cóbrese ás catro augas; con muros caleados, igual que a nave. Arco triunfal de medio punto, rebaixado, de impostas saíntes e pilastras. A sancristía está na parte posterior, na mesma liña, pero máis baixa, a tres augas, con dúas portas de acceso desde o presbiterio.

O retablo maior é sinxelo e neoclásico, sen tallas. O retablo sur, de 2 metros, é barroco, con dúas columnas salomónicas con motivos da vide. Santiago o Maior, de 0,70 m, titular; santa María Madanela, de 0,80 m, de sabor romántico; O Salvador, de 0,80 m, bendice coa dereita e sostén a bola do mundo na esquerda. Tallas populares do século XV. Cáliz sinxelo, de prata, de 0,21 m.

O castro, que serviu como localización para esta igrexa, xa case non é perceptible (vese ben desde a foto aérea). Descubríronse varios sartegos (sarcófagos) neste castro, e algún deles aproveitouse nas reformas da tapia do adro da igrexa.

Historia

editar

Trala división territorial de España en 1833 a parroquia de Masoucos pasou a formar parte do concello de Neira de Rei[2]. En 1840 pasou a formar parte do concello de Neira de Xusá. O veciño de Masoucos, Constantino Dourado, foi elixido presidente do Sindicato Agrícola Republicano de Castroverde no ano 1933[3].

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Masoucos

editar
Lugares da parroquia de Masoucos no concello de Castroverde (Lugo)

Masoucos | Trascastro

Parroquias de Castroverde

editar
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Castroverde

Agustín (Santa María) | Arcos (San Paio) | Barredo (San Xoán) | Barredo (Santo André) | Barreiros (San Cosme) | Bolaño (Santa Baia) | Cellán de Calvos (San Salvador) | Cellán de Mosteiro (San Pedro) | Covelas (San Miguel) | Espasande (Santiago) | A Frairía (Santa María) | Furís (Santo Estevo) | Goi (Santa María Madanela) | Masoucos (Santiago) | A Meda (Santiago) | Miranda (Santiago) | Mirandela (Santo André) | Monte (Santa María) | Montecubeiro (San Cibrao) | Moreira (Santa María) | Paderne (Santo Estevo) | Páramo (San Miguel) | Pena (Santa María Madanela) | Pereiramá (San Xulián) | A Pumarega (Santa Mariña) | Rebordaos (San Xurxo) | Recesende (San Cibrao) | Riomol (San Pedro) | San Miguel do Camiño (San Miguel) | Serés (San Pedro) | Souto de Torres (San Tomé) | Soutomerille (San Salvador) | Tórdea (San Tomé) | Uriz (Santa María) | Vilabade (Santa María) | Vilalle (San Pedro) | Vilariño (Santiago)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar