[go: up one dir, main page]

Marzoa, Oroso

parroquia civil do concello de Oroso

San Martiño de Marzoa é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Oroso. Segundo o INE de 2021 tiña 180 habitantes (90 homes e 90 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 275 habitantes.

Marzoa
Igrexa de San Martiño de Marzoa.
ConcelloOroso[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°01′46″N 8°20′47″O / 43.02951944, -8.34635833
Poboación180 hab. (2021)
Entidades de poboación9[1]
editar datos en Wikidata ]

Patrimonio

editar

Da época do megalitismo consérvase a Medorra do Coto do Lobo, en Recouso. O tesouro de Recouso, atopado no castro do mesmo nome, está formado por diversas figuras de ouro da cultura castrexa. Por Recouso pasaba o camiño que vai de Sigüeiro até Betanzos. Tamén da época idade de ferro é o castro de Marzoa, situado ao lado da igrexa parroquial.

Outros elementos arquitectónicos de interese son a Casa Grande dos Somoza, a maquía da Ponte Marzoa e o muíño da Grela.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Marzoa

editar
Lugares da parroquia de Marzoa no concello de Oroso (A Coruña)

A Armada | O Carballal | O Castro | O Covelo | A Cruz de Folgoso | A Grela | A Maquía | A Ponte de Marzoa | Recouso

Parroquias de Oroso

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Oroso

Os Ánxeles (San Mamede) | Calvente (San Xoán) | Cardama (Santa María) | Deixebre (Santa María) | A Gándara (San Miguel) | Marzoa (San Martiño) | Oroso (San Martiño) | Pasarelos (San Román) | Senra (Santa Eulalia) | Trasmonte (Santo Estevo) | Vilarromarís (San Tomé)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar