María Corredoira
María Carmen Corredoira Ruiz de Baro, nada na Coruña o 18 de maio de 1893 e finada o 17 de novembro de 1970,[1] foi unha pintora galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María del Carmen Corredoira Ruiz de Baro 18 de maio de 1893 A Coruña, España |
Morte | 17 de novembro de 1970 (77 anos) |
Actividade | |
Ocupación | pintora |
Membro de | |
Traxectoria
editarFilla de Alfredo Corredoira e da ferrolá Ángela Ruiz de Baro, naceu na Travesa de Santo André. A súa vida transcorreu na cidade herculina, onde traballou nunha pintura de afiliación realista, aínda que dotada de evidente espiritualidade.
Iniciou a súa formación na Coruña baixo a dirección de Enrique Saborit[2][3] e posteriormente ampliouna en Madrid, con mestres como Eduardo Chicharro e José María López Mezquita. A súa obra mereceu distincións como a medalla de ouro na Exposición Rexional de Santiago en 1926. Foi membro numerario da Real Academia Galega de Belas Artes. En 1928 ingresou no Seminario de Estudos Galegos.[1]
Non foron moitas as súas exposicións, aínda que os coleccionistas buscan esta pintura verdadeira, íntima, de excelente calidade formal, cun debuxo firme e unha paleta rica e sabia. Está representada nos museos de Galiza, como o Museo Municipal Quiñones de León de Vigo ou o Museo Provincial de Lugo.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Marco, Aurora. (2020). Irmandiñas. Santiago de Compostela, Galiza, U.E.: Edicións Laiovento. ISBN 978-84-8487-466-9. OCLC 1190653388.
- ↑ "María del Carmen Corredoira y Ruiz de Baro". dbe.rah.es. Consultado o 2020-12-30.
- ↑ "María Corredoyra". La Voz de Galicia (en castelán). 2004-06-03. Consultado o 2020-12-30.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: María Corredoira |
Bibliografía
editar- Carballo Calero, Mª Victoria: Catálogo de pintura do Museo Provincial de Lugo. Lugo, 1969.
- Diego; Sobrino; Sarmiento (1995). A arte inexistente: as artistas galegas do século XX (PDF). Auditorio de Galicia.
- Ilarri Gimeno, Ángel: Catálogo do Pazo Museo «Quiñones de León». Vigo, Concello, 1978.
- Pablos, Francisco: Plástica galega. Vigo, Caixavigo, 1981.
- Gran Enciclopedia Galega, Vol. 7. Xixón, S. Cañada, edit., 1974.
Ligazóns externas
editar- Villaverde, María Dolores (2009). "María Corredoira". Álbum de Galicia do Consello da Cultura Galega.
- María Corredoira na Colección Afundación.
- María Corredoira en A Coruña das Mulleres