Maceira, Covelo
San Salvador de Maceira é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Covelo na comarca da Paradanta. Segundo o IGE en 2011 tiña 414 habitantes (204 mulleres e 210 homes), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 570 habitantes.
Maceira | |
---|---|
Río Tea en Maceira. | |
Concello | Covelo[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°15′00″N 8°23′06″O / 42.2499747, -8.3850191 |
Poboación | 414 hab. (2011) |
Entidades de poboación | 25[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarOs primeiros poboadores de Maceira pertencen á Prehistoria, así o documentan os castros celtas (hoxe catalogados, mais moi deteriorados), petróglifos, dolmens, etc.
Información
editarA parroquia atópase a 5 quilómetros da capital do concello. A 558 metros de altitude áchase un xacemento castrexo sen levantar e diversas manifestacións de arte rupestre en forma de petróglifos. A 680 metros atópase a capela da Virxe da Guía, situada no monte da Guía de Maceira e onde se pode apreciar unha panorámica do val do Tea.
É salientábel a praia fluvial de Maceira cunha ocupación moi alta durante todo o verán. Preto áchase un cámping de montaña. Sobresae tamén o serradoiro hidráulico dos Carranos que funciona exclusivamente por forza da auga e é unha manifestación única do patrimonio etnográfico da zona. Este serradoiro está catalogado como un Ben de Interese Cultural de Galicia e atópase completamente restaurado para poder ser visitado.[2]
Galería de imaxes
editar-
Serradoiro dos carranos.
-
Igrexa de Maceira.
Lugares e parroquias
editarLugares de Maceira
editarLugares da parroquia de Maceira no concello de Covelo (Pontevedra) | |
---|---|
As Barcielas | Carmoniño | Castro | Castrorregueiro | Chicoreiros | Costeiriña | Cotiños | O Couso | Eidos Vellos | Figueiroa | A Igrexa | A Maquián | A Mouta | Outedo | Pancellos | Pedredo | Portagudiño | Portoparada | Riocortiñas | San Breixo | Souto | Trasfontán | Vales | Vilanova | Vixiáns |
Parroquias de Covelo
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ Concello de Covelo. "Maceira". Consultado o 03-09-2015.