Misterioso asasinato en Manhattan
Misterioso asasinato en Manhattan (en inglés: Manhattan Murder Mystery) é un filme de Woody Allen de 1993 do xénero de suspense, cun ton cómico, protagonizada por Alan Alda, Allen, Anjelica Huston e Diane Keaton, na súa oitava colaboración co director. O filme trata sobre a investigación dun matrimonio sobre a morte da esposa do seu veciño.
Misterioso asasinato en Manhattan | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Manhattan Murder Mystery |
Director | Woody Allen |
Produtor | Robert Greenhut |
Guión | Woody Allen Marshall Brickman |
Intérpretes | Alan Alda Woody Allen Anjelica Huston Diane Keaton |
Fotografía | Carlo Di Palma |
Montaxe | Susan E. Morse |
Distribuidora | TriStar Pictures |
Estrea | 18 de agosto de 1993 |
Duración | 107 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Suspense, comedia |
Orzamento | 13,5 millóns de dólares |
Recadación | 11,2 millóns de dólares (Estados Unidos) |
Na rede | |
Estreouse en galego na Televisión de Galicia en 1996.[1]
Argumento
editarLarry Lipton e a súa esposa Carol coñecen os seus veciños maiores Paul e Lillian House no ascensor nun agradable encontro. Á noite seguinte, Lillian morre dun ataque cardíaco. Os Lipton están sorprendidos pola morte porque parecía ben saudable e desconfían da alegría de Paul despois da morte da súa muller. Carol comeza a investigar, mesmo inventando unha escusa para visitalo. Unha urna que atopa no apartamento de Paul contradí a súa historia de que Lillian fora enterrada.
Elenco
editar- Diane Keaton como Carol Lipton
- Woody Allen como Larry Lipton
- Alan Alda como Ted
- Anjelica Huston como Marcia Fox
- Jerry Adler como Paul House
- Lynn Cohen como Lillian House
- Melanie Norris como Helen Moss
- Marge Redmond como Mrs. Dalton
- Joy Behar como Marilyn
- Ron Rifkin como Sy
- Zach Braff como Nick Lipton
- Sylvia Kauders como Neighbour
Produción
editarAllen comezou Manhattan Murder Mystery como un primeiro borrador de Annie Hall, mais non sentiu que fose suficientemente substancial e decidiu ir noutra dirección.[2] Renunciara a realizar o filme durante anos porque sentía que era demasiado lixeiro, "como un libro para ler no aeroporto".[3] Allen decidiu revisitar o material a principios da década de 1990. Contactou con Marshall Brickman, con quen coescribira Annie Hall, e desenvolveron máis a historia.[4] O papel de Carol estaba escrito para Mia Farrow, mais cambiouse cando ela e Allen remataron a súa relación e se enlearon nunha batalla pola custodia dos seus tres fillos.[5] Nos medios indicouse que se fixeron cambios no filme no que foi "definitivamente unha reacción" aos problemas de Allen, incluído contratar a Anjelica Huston como "unha novelista primeiriza moito máis nova" coa que a personaxe de Allen se ve relacionada romanticamente (Huston tiña 41 anos durante a produción).[6] No outono de 1992, Allen chamou a Diane Keaton e pediulle que ocupase o lugar de Farrow e ela aceptou inmediatamente.[3]
Notas
editar- ↑ La Voz de Galicia, 27 de novembro de 1996. Páx. 35
- ↑ Fine, Marshall (18 de agosto de 1993). "Woody's Take". USA Today (McLean, Virginia).
- ↑ 3,0 3,1 Dowd, Maureen (15 de agosto de 1993). "Diane and Woody, Still a Fun Couple". The New York Times. Consultado o 28 de outubro de 2011.
- ↑ De Curtis, Anthony (5 de setembro de 1993). "What's With Woody?". Toronto Star.
- ↑ Span, Paula (4 de maio de 1993). "Here Comes the Judgment". The Washington Post.
- ↑ Chandler, Stephen (2 de outubro de 1992). "Retooling Woody Allen's script". Entertainment Weekly. Nova York. Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2007. Consultado o 23 de xaneiro de 2007.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Misterioso asasinato en Manhattan na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)