[go: up one dir, main page]

Manuel Villacampa del Castillo

militar galego

Manuel Villacampa del Castillo, nado en Betanzos o 17 de febreiro de 1827 e finado en Melilla o 12 de febreiro de 1889, foi un militar galego, de ideoloxía progresista e republicana, que protagonizó un infrutuoso intento de sublevación contra a Restauración borbónica en 1886.

Modelo:BiografíaManuel Villacampa del Castillo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de febreiro de 1827 Editar o valor en Wikidata
Betanzos, España Editar o valor en Wikidata
Morte12 de febreiro de 1889 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Melilla, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militarXeneral Editar o valor en Wikidata
Familia
ParentesPedro Villacampa y Periel, tío Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1528931

Traxectoria

editar

Nacido en Galicia, a súa familia era orixinaria do Alto Aragón. Era fillo do tenente coronel de infantaría José Villacampa Periel e sobriño de Pedro Villacampa Periel, que levou o apelido Maza de Lizama (1776-1854), capitán xeneral do exército e destacado militar liberal, heroe da Guerra da Independencia. Logo da morte do seu pai en 1836, a súa nai, Rosa del Castillo, inscribiuno na escola militar.

Participou na revolución de 1868, na que tivo un papel destacado na cidade de Granada. Tamén participou na Segunda Guerra Carlista (1846-1849) e na Terceira Guerra Carlista (1872-1876). Durante a Primeira República Española foi nomeado xeneral (1873) e gobernador militar de Castelló de la Plana (1874). En 1877 foi destituído dos seus cargos e encarcerado no castelo de Bellver. Ao ser posto en liberdade, comezou a preparar a sublevación republicana do 19 de setembro de 1886 que organizaba como líder civil Manuel Ruiz Zorrilla. Foi detido, xulgado e condenado a morte. Conmutaronlle a pena pola de prisión perpetua en África, primeiro en Fernando Poo e dende 1887 en Melilla, onde foi coidado ata o momento da morte pola súa filla Emilia, que procuraba defendelo das humillacións que se lle impuñan.

Vida persoal

editar

Tivo dous irmáns, José e Federico. Casou con Matilde Morán.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar