[go: up one dir, main page]

MS-DOS

primeiro sistema operativo para o PC da IBM

MS-DOS (Microsoft Disk Operating System, Sistema operativo de disco Microsoft), foi o primeiro sistema operativo para o PC IBM. Foi lanzado co IBM PC en 1981 e tivo oito versións principais antes de que Microsoft detivese o seu desenvolvemento en 2000. Foi o produto clave na conversión de Microsoft dende unha compañía de linguaxe de programación ata unha firma de desenvolvemento de software.

MS-DOS
DesenvolvedorMicrosoft
Familia de S.O.DOS
LanzamentoAgosto de 1981
En galegoNon
Espazo de usuarioInterface texto
Interface de usuarioLiña de comandos
Modelo de desenvolvementoSoftware propietario
Tipo de núcleoMonolítico
LicenzaPropietaria, Microsoft CLUF (EULA)
Última versión estable8.01 14 de setembro de 2000
Estado actualDescontinuado / Histórico (Vixente en Windows XP SP1 e superiores coma Símbolo do Sistema)
Sucedido porMicrosoft Windows
Sitio webDOS overview

Historia

editar

Creado por Tim Paterson, da compañía Seattle Computer Products como QDOS en 1980 e comercializado como 86-DOS para correr nun microprocesador Intel 8086, Microsoft mercou o sistema pouco antes do lanzamento do IBM PC o 12 de agosto de 1981, ao ser incapaz de crear un sistema operativo no prazo que IBM lle encargara. O IBM PC saíu coa súa propia versión de MS-DOS coñecida como PC-DOS, mentres Microsof mantivo o nome de MS-DOS para os seus propios desenvolvementos.

Versións

editar
  • PC DOS 1.0 - agosto de 1981 - Versión inicial, IBM PC
  • PC DOS 1.1 - maio de 1982, daba soporte a disquetes de dúas caras.
  • MS-DOS 1.25 - maio de 1982 - Primeira versión que se empregou en hardware non IBM
  • MS-DOS 2.0 - marzo de 1983 - Introducido para xestionar o IBM XT, incorporaba soporte para disco ríxido, e incluía elementos collidos de Unix como os subdirectorios.
  • PC DOS 2.1 - outubro de 1983
  • MS-DOS 2.11 - marzo de 1984
  • MS-DOS 3.0 - agosto de 1984 - deseñado para soportar o IBM AT coa posibilidade de discos ríxidos máis grandes e disquetes de 1.2MB
  • MS-DOS 3.1 - novembro de 1984
  • MS-DOS 3.2 - xaneiro de 1986 - admitía unidades de disquetes de 3'5 polgadas.
  • PC DOS 3.3 - abril de 1987
  • MS-DOS 3.3 - agosto de 1987 - con capacidade para crear múltiples particións no disco ríxido.
  • MS-DOS 4.0 - xullo de 1988 - xestionaba discos ríxidos con particións de máis de 32 MB e ata 512 MB. Nova interface gráfica e permitía o emprego da memoria expandida
  • MS-DOS 4.01 - novembro de 1988 -
  • MS-DOS 5.0 - xuño de 1991 - En resposta ao DR-DOS proporciona controladores para xestionar novas ampliacións de memoria, incorpora editor, liguaxe de programación QBasic
  • MS-DOS 6.0 - marzo de 1993 - En resposta ao DR-DOS 6.0, incluía unha ferramenta de compresión de disco e MemMaker, administrador de memoria ampliada. Versión con moitos fallos polo que foi substituída por:
  • MS-DOS 6.2 - novembro de 1993
  • MS-DOS 6.21 - febreiro de 1994
  • PC DOS 6.3 - abril de 1994
  • MS-DOS 6.22 - xuño de 1994
  • PC DOS 7.0 - abril de 1995
  • MS-DOS 7.0 - agosto de 1995 - Incluída en Windows 95.
  • MS-DOS 7.1 - agosto de 1996
  • MS-DOS 8.0 - setembro de 2000 - Incluída en Windows ME.
  • PC DOS 2000 - Derradeira versión da familia de MS-DOS

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar