Lura
- Para o buque oceanográfico homónimo, véxase B/O Lura.
Lura Loligo vulgaris | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Loligo vulgaris Lamarck, 1798 |
A lura[1] (Loligo vulgaris), tamén chamada lula nalgunhas partes de Galicia,[2] e tamén lura común,[3][4] é, para moitos autores, un molusco cefalópodo coleoideo da superorde dos decapodiformes, orde dos téutidos e familia dos lolixínidos.[5] Porén, outros autores sitúana na orde dos miópsidos.[6]
Características
editarA lura é mariña e carnívora e se caracteriza por posuír unha cabeza diferenciada, simetría bilateral e dez tentáculos con ventosas, oito curtos para a captura do alimento (tamén chamados brazos), e outros dous longos con función reprodutiva.
A lura ten cromatóforos na súa pel, ou sexa, células que permiten cambios de cor dependendo do ambiente en que se encontran, o que caracteriza a súa capacidade mimetizante. Sendo un coleoideo, ten unha cuncha interna chamada pluma, debido á súa forma similar ás plumas das aves. A lura móvese por medio de retropropulsión, exectando grandes cantidades de auga almacenada na cavidade paleal, a través dun sifón de gran mobilidade e capacidade de direccionamento da auga. Por esta razón, e debido a súa forma altamente hidrodinámica, é un forte rival dos peixes no que se refire á habilidade de natación e manobrabilidade.
Na boca, a lura presenta unha lingua dura, chamada rádula, de constitución quitinosa, que lle permite triturar alimentos e que é a característica común a todos os moluscos, excepto os bivalvos e os aplacóforos.
A lura respira por dúas galas ou branquias, e ten un sistema circulatorio no que o sangue é bombeado por un corazón principal e dous subsidiarios.
É un animal exclusivamente carnívoro, alimentándose de peixes e de invertebrados, que capturan cos brazos.
A maioría das luras non alcanzan máis de 60 cm de lonxitude.
Pesca deportiva da lura
editarA forma mais habitual de pescar a lura na pesca deportiva realízase de noite cunha liña habitualmente sen cana, empregando un engado artificial, chamado poteira por ser usado tamén para a pesca comercial da pota, de menor calidade culinaria. A poteira é un aparello que consta dun chumbo vernizado cunha luz química e arrodeado de anzois. A técnica de pesca consiste en pendurar a poteira da embarcación por medio da liña, e facela vibrar tirando da liña para arriba e abaixo con movementos curtos e rápidos. A vibración e a luz conseguen enganar a lura, que confunde a poteira cun pequeno peixe, ao que tenta comer.
Gastronomía
editarAs luras son obxecto dunha grande apreciación comercial polos seus usos gastronómicos. Son populares non só na gastronomía galega senón en moitas cociñas do mundo mediterráneo (España, Portugal, Italia, Grecia e Turquía).
Non só o seu corpo é comestible, tamén os brazos e a tinta. De feito, só o bico e a pluma non se comen. Son unha boa fonte de zinc, manganeso, cobre, selenio, vitamina B12 e riboflavina.
Adóitanse preparar guisadas, grelladas, na súa tinta ou fritidas en aneis á romana.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lura.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lula.
- ↑ Definición de Lura no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ Lahuerta e Vázquez (2000), p. 293.
- ↑ Loligo vulgaris Lamarck, 1798 no ITIS.
- ↑ Loligo vulgaris Lamarck, 1798 no WoRMS.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lura |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Lura |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de lura |
Bibliografía
editar- Abbott, N. Joan e Roddy Williamson, Linda Maddock (1995): Cephalopod Neurobiology. Oxford University Press. ISBN 0-19-854790-0.
- Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005): Invertebrados, 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España. ISBN 0-87893-097-3.
- D'Ancona, Humberto (1972): "Moluscos" en Tratado de zoología. Tomo II. Zoología especial. Barcelona: Editorial Labor, S. A., pp. 729–763.
- Felley, J., Vecchione, M., Roper, C. F. E., Sweeney, M. & Christensen, T. (2001-2003): Current Classification of Recent Cephalopoda. National Museum of Natural History: Department of Systematic Biology: Invertebrate Zoology: Cephalopods
- Frings, H. e Frings, M. (1975): Conceptos de Zoología. Madrid: Editorial Alhambra. ISBN 84-205-0505-6.
- Grassé, P.-P., E. A. Poisson e O. Tuzet (1976): Invertebrados. (En Grassé, P.-P., Zoología, vol. 1). Barcelona: Toray-Masson. ISBN 84-311-0200-4.
- Hanlon, Roger T. & John B. Messenger (1996): Cephalopod Behaviour. Cambridge University Press. ISBN 0-521-42083-0.
- Hickman, C. P., W. C. Ober e C. W. Garrison (2006): Principios integrales de zoología, 13ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana. ISBN 84-481-4528-3.
- Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
- Meglitsch, P. A. (1986): Zoología de invertebrados, 2ª ed. Madrid: Ed. Pirámide. ISBN 84-368-0316-7.
- Nixon, Marion & John Z. Young (2003): The brains and lives of Cephalopods. Oxford University Press. ISBN 0-19-852761-6.
- Ramonell, Rosa (1985): Guía de los mariscos de Galicia. Vigo: Galaxia. ISBN 84-7154-506-3.
- Rolán, Emilio e Otero-Schmitt, Jorge (1996): Guía dos moluscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-8288-072-3.
- Remane, Adolf, Volker Storch & Ulrich Welsch (1980): Zoología sistemática. "Cephalopoda (Cefalópodos)". Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-282-0608-2, pp. 160–169.
- Stevens, Martin & Sami Merilaita (2011): Animal camouflage: mechanisms and function. Cambridge University Press. ISBN 0-521-19911-5.
- VV. AA. (1968): "Moluscos" en: Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 4. Animales invertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 248–293.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Fichas de diferenciación e recoñecemento de especies pesqueiras do mercado galego Xunta de Galicia.
- Xunta de Galicia (ed.). "Anuario de Pesca de Galicia 2017". pescadegalicia.gal. Consultado o 07 de decembro de 2018.
- Ficha en pescaderiascorunesas.es (en castelán)
- Michael Vecchione & Richard E. Young (2019): Loligo vulgaris Lamarck 1798 Arquivado 12 de maio de 2016 en Wayback Machine. en Tree of Life Web Project (en inglés)
- Loligo vulgaris Lamarck, 1798 no ITIS.
- Loligo vulgaris na ADW (en inglés).
- Loligo vulgaris na EOL (en inglés)