[go: up one dir, main page]

Luis Barrena

político español

Luis Barrena Alonso de Ojeda, nado en Sigüenza (Guadalaxara) en 1895 e finado en Outes o 21 de agosto de 1936, foi un avogado e político español.

Modelo:BiografíaLuis Barrena
Biografía
Nacemento1895 Editar o valor en Wikidata
Sigüenza, España Editar o valor en Wikidata
Morte21 de agosto de 1936 Editar o valor en Wikidata (40/41 anos)
Outes, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepaseo, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Deputado nas Cortes republicanas
Representa: Unión Republicana

26 de febreiro de 1936 – 2 de febreiro de 1939

Circunscrición electoral: Melilla (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónavogado, político Editar o valor en Wikidata
Partido políticoUnión Republicana Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1199178 Nomes e Voces: 11842

Traxectoria

editar

Avogado de profesión, adquiriu certa celebridade por asumir varios casos de considerable repercusión social nos anos vinte e trinta.

Membro de Unión Republicana, foi elixido deputado en febreiro de 1936 en representación do Fronte Popular por Melilla.

Nos momentos iniciais da Guerra Civil española acudiu a Muros, lugar co que tiña vínculos pola familia da súa muller Carmen Doval. Foi sacado da súa casa por un grupo de falanxistas na noite do 21 de agosto de 1936. A mañá seguinte atoparon o seu cadáver no Freixo de Sabardes (Outes) con dous tiros na cabeza. No lugar onde o atoparon puxeron un monólito na súa memoria.

Vida persoal

editar

Casou en 1922 con Carmen Doval del Campo, filla de Gerardo Doval Rodríguez[1], e tivo seis fillos.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar