Luigi Riva
Luigi Riva máis coñecido coma Gigi Riva, nado o 7 de novembro de 1944 en Leggiuno, Provincia de Varese, e finado o 22 de xaneiro de 2024 en Cagliari, foi un futbolista italiano que xogaba na demarcación de dianteiro centro. Considerada a máxima figura histórica do Cagliari Calcio, xogou 13 anos no equipo sardo, co que marcou 207 goles en 374 partidos oficiais. Participou do primeiro ascenso do club á Serie A e liderou o equipo na conquista do seu único título de liga na tempada 1969/70.
Nome orixinal | (it) Gigi Riva | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 7 de novembro de 1944 Leggiuno, Italia (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 22 de xaneiro de 2024 (79 anos) Cagliari, Italia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Causa da morte | infarto agudo de miocardio | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 180 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 78 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lateralidade | manicho | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | director deportivo (1990–2013), guionista, futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1961 - 1980 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Italia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Extremo esquerdo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1974 | Mundial de Fútbol Alemaña 1974 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1970 | Mundial de Fútbol México 1970 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xuño de 1968 | Eurocopa de Fútbol Italia 1968 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
É o máximo goleador da historia da selección de Italia, coa que marcou 35 goles entre 1965 e 1974. Gañou coa selección a Eurocopa de 1968 e foi finalista no Mundial de 1970.
Traxectoria
editarComezou xogando no AC Legnano, da Serie C italiana, na tempada 1962/63. Porén, ao ano seguinte xa fichou polo club no que desenvolveu o resto da súa carreira futbolística, o Cagliari Calcio, co que debutou en setembro de 1963. Neste equipo proclamouse capocannoniere, máximo goleador da Serie A, en tres ocasións (1967, 1969 e 1970). Rexeitou importante ofertas de clubs como a Juventus FC e foi sempre fiel ao club sardo, que viviu con el os mellores anos da súa historia, conquistando o título de liga na tempada 1969/70.
Quizais os seus número non son tan bos como poderían telo sido a causa das numerosas lesións que sufriu xogando coa selección italiana, fractura da tibia e peroné da perna esquerda en 1967, dobre fractura da tibia e peroné da perna dereita en 1970 e finalmente unha grave lesión nos abdutores que o obrigou a retirarse.
No ano 2005 o Cagliari decidiu retirar o dorsal número 11 na súa honra.
Coa selección
editarDebutou coa selección de fútbol de Italia con 20 anos, o 27 de xuño de 1965, porén non iría convocado ao Mundial de Fútbol de 1966. Pese a este comezo e as lesións fíxose cun posto fixo no once da selección e axudou a consecución da Eurocopa de 1968 e o segundo posto no Mundial de 1970. Especialmente recordados son o gol que anotou ante Iugoslavia na final da Eurocopa ou a semifinal do Mundial de 1970 ante Alemaña Federal. Tamén participou no Mundial de 1974 no que a selección italiana fracasou ao quedar eliminada na primeira fase.
O 20 de outubro de 1973 anotou o seu último gol coa selección, o número 35, superando a Giuseppe Meazza e establecendo o récord de máximo goleador que se mantén ata a actualidade.
Palmarés
editarCo Cagliari Calcio:
Coa Selección de fútbol de Italia:
- Campión da Eurocopa de Fútbol: 1968.
- Subcampión do Mundial de Fútbol: 1970.
Títulos individuais:
- Máximo goleador da Serie A: 1967, 1969 e 1970.
- Máximo goleador da Selección de Italia
- Segundo clasificado no Balón de Ouro: 1969.
- Terceiro clasificado no Balón de Ouro: 1970.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Artigo na páxina web da FIFA Arquivado 01 de febreiro de 2014 en Wayback Machine. (en inglés)
- Estatísticas nos Mundiais Arquivado 01 de febreiro de 2014 en Wayback Machine. (en castelán)