[go: up one dir, main page]

Lucas Cranach o Vello

Lucas Cranach o Vello (en alemán, Lucas Cranach der Ältere), nado en Kronach en 1472 e finado en Weimar o 16 de outubro de 1553, foi un artista alemán, pintor e deseñador de gravados en xilografía. Foi o pai do tamén pintor Lucas Cranach o Mozo (1515-1586).

Modelo:BiografíaLucas Cranach o Vello

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(de) Lucas Cranach der Ältere Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de outubro de 1472 Editar o valor en Wikidata
Kronach (Sacro Imperio Romano Xermánico) Editar o valor en Wikidata
Morte16 de outubro de 1553 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Weimar (Sacro Imperio Romano Xermánico) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaWeimar Editar o valor en Wikidata
Burgomestre (pt) Traducir Lutherstadt Wittenberg
1540 – 1540
Burgomestre (pt) Traducir Lutherstadt Wittenberg
1531 – 1531
Pintor de cámara Federico III el Prudente
1505 – 1547
← Jacopo de' Barbari (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaCranachhaus (en) Traducir (1552–1553) Editar o valor en Wikidata
RelixiónLuteranismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Lutherstadt Wittenberg (1505–)
Viena (1501–1504)
Weimar Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor, artista, debuxante, gravador de cobre, farmacéutico, deseñador, artista gráfico, debuxante arquitectónico, gravador, editor Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoRetrato pictórico, nudez na arte, pintura relixiosa e pintura mitolóxica Editar o valor en Wikidata
MovementoRenascimento alemão (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Catálogo críticoDie Gemälde von Lucas Cranach FR 1932 (en) Traducir (1932)
The Paintings of Lucas Cranach (en) Traducir (1978)
Die Gemälde von Lucas Cranach FR 1979 (en) Traducir (1979) Editar o valor en Wikidata
AlumnosAntonius Heusler, Hans Cranach (pt) Traducir e Lucas Cranach, o Jovem (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeBarbara Brengbier Editar o valor en Wikidata
FillosHans Cranach, Lucas Cranach, o Jovem Editar o valor en Wikidata
PaisHans Maler
Hans Sunder Editar o valor en Wikidata  e Barbara Hübner Editar o valor en Wikidata
ParentesChristian Brück, xenro
Gregor Brück, consogro
Augustin Cranach, neto
Lucas Cranach III., neto
Georg Dasch, xenro
Caspar Pfreund, xenro
Aegidius Strauch, spouse of grand-child
Q124073125
Johann Wolfgang von Goethe, descendencia Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteTeutsche Academie der Edlen Bau- Bild- und Mahlerey-Künste (en) Traducir, (sec:Cranach, Lucas <der Ältere>, 231)
Schilderboeck (pt) Traducir, (sec:Van verscheyden Schilders, van desen oudt-tijtsche, oft Modernen tijdt., M185)
Allgemeine Deutsche Biographie (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX907273 Musicbrainz: 3f2c33c2-679a-4ac9-af12-e3a1ea6e7530 Discogs: 2263571 WikiTree: Sunder_genannt_Maler-1 Find a Grave: 44514704 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Educación e comezos

editar

Cranach naceu en Kronach, na Alta Franconia, e aprendeu a pintar grazas ao seu pai. Non é posible facer un seguimento dos seus familiares e predecesores.

Descoñécese o obradoiro onde tomou clases de pintura, aínda que se supón que coñeceu o mestre de pintura alemán Matthias Grünewald que lle ofreceu algo de educación. Grünewald traballou en Bamberg e en Aschaffenburg, e Bamberg era a capital da diocese onde vivía Cranach.

A primeira referencia escrita da súa existencia é na cidade alemá de Wittenberg no ano 1504, cando o príncipe do lugar lle deu un certo salario polo seu traballo. Sábese ademais que posuía unha casa en Gotha e que Barbara Brengebier foi a súa esposa.

Carreira

editar

A primeira evidencia dos traballos artísticos de Lucas Cranach provén dunha pintura datada en 1504. Nesa época abordou diversas tarefas: decoración de interiores, pinturas de altar e retratos, deseños para gravados en madeira (xilografía) e en placas de bronce. Nos seus primeiros anos tivo emprego de oficial dedicado a pintar as paredes dos palacios de Coburgo e Locha, debido en parte á sona que tiña de meticuloso e de realista. Os motivos pintados eran escenas de caza e pastorís.

Antes de 1508 chegou a pintar diversas pezas de altar para o castelo de Wittenberg competindo cos seus contemporáneos Alberto Durero, Hans Burgkmair e outros; o duque e o seu irmán Xoán foron retratados por el en diversas ocasións tanto en pintura como en xilografías. A gran reputación lograda por Cranach fixo que en 1509 viaxase a Holanda ao servizo do emperador Maximiliano I e de Carlos V. Ata 1508 Cranach non comezou a asinar as súas obras, e cando o facía puña as súas iniciais e debuxaba unha serpe alada como anagrama (Kleinodo).

Nesas datas Cranach realizou unha xilografía de Venus e Cupido, actualmente no Museo Británico, e tamén a súa coñecida Venus e Cupido (1509), a tamaño natural, en que combina a influencia do renacemento italiano coa relixión e a moral do humanismo alemán, sendo a primeira pintura de Venus espida realizada por un artista do norte de Europa.[1][2] Esta obra é a primeira de numerosas realizadas por Cranach con Venus como protagonista, moitas veces acompañada de Cupido.[3][4][5]

 
Venus e Cupido (óleo sobre lenzo, 213×102 cm) de 1509. Ermitage, San Petersburgo

Algún tempo despois o duque concedeulle o monopolio das salas de medicina da cidade de Wittenberg, e deulle a concesión e o privilexio da edición de Biblias. As prensas de Cranach foron usadas por Martiño Lutero. O seu establecemento de farmacia permaneceu aberto durante séculos e só foi suspendido por mor dun incendio acontecido en 1871.

A especialidade de Lucas Cranach o Vello foron os retratos, as escenas relixiosas de mediano formato aptas para domicilios particulares e, sobre todo, os temas de mitoloxía que daban pé a incluír espidos femininos. Cranach impuxo na arte un canon feminino moi peculiar, estilizado e de aspecto xuvenil, con ollos en forma de améndoa, seos miúdos e pernas longas.

Cranach o Vello organizou un activo obradoiro, onde se realizaron múltiples pinturas relixiosas e mitolóxicas que repetían uns modelos fixos con lixeiras variantes. O anagrama da serpe alada incluíase en todas elas, máis como selo do taller que como garantía de autoría. Os dous fillos de Cranach, Lucas Cranach o Mozo e Hans Cranach (falecido prematuramente), colaboraron no obradoiro. En sinal de loito pola morte de Hans en 1537, o anagrama familiar modificouse, dispondo as ás da serpe cara a abaixo. Iso supón unha pista cronolóxica que permite diferenciar as obras realizadas antes e despois de tal data.

As obras de maior calidade da familia Cranach son as da primeira época, especialmente as anteriores aos anos en que ambos os fillos empezaron a colaborar. As de 1508-20 son relativamente escasas no mercado e acadan altos prezos. Aínda que Cranach o Vello foi moi prolífico, mantivo un nivel de calidade alto, cunha execución moi esmerada que requiría múltiples capas de pintura ao óleo aplicadas en finas veladuras. A partir da masificación do traballo no taller, as obras delatan unha execución máis esquemática, unha cor menos variada e un debuxo de contornos máis rectos.

Defensa do luteranismo e exilio

editar
 
Retrato de Martiño Lutero pintado por Cranach (1529, Galería Uffizi).

Dunha fe relixiosa inicialmente católica, Cranach o Vello pasou a apoiar ferventemente o luteranismo, promovendo cos seus retratos e gravados a fama internacional de Martín Lutero e Philipp Melanchthon. Nalgúns gravados, Cranach pareceu ridiculizar o papa e a Casa de Habsburgo. Por mor da derrota das tropas protestantes ante Carlos V na batalla de Mühlberg (1547), o elector Xoán Federico I de Saxonia foi apresado e enviado ao exilio a Weimar, e Cranach acompañouno. En tales circunstancias o pintor faleceu no ano 1553.

Controversia en 2008

editar

Un espido feminino que representa unha Venus, que porta unha gargantilla e se cobre só cunha gasa transparente que leva nunha man, foi rexeitado pola compañía que administra o metro de Londres, porque podería ferir e ofender a sensibilidade dos usuarios do metro, especialmente os de cultura non europea pouco afeitos ás representacións de espidos. A pintura ía servir para anunciar a próxima exposición dedicada ao pintor renacentista alemán na Royal Academy. A exposición celebrouse do 8 de marzo ao 8 de xuño de 2008.[6]

Lucas Cranach e o seu equipo elaboraron preto de 5000 obras de arte, das cales só se conservan unhas mil. O número total de obras é descoñecido, xa que non se emprendeu ningunha investigación para contalas.

Pinturas

editar

Retratos

editar

Relixión, mitoloxía, alegorías

editar
  1. Forma parte da colección do Ermitage, San Petersburgo.
  2. «Venus and Cupid» Ermitage. Consultado o 2 de novembro de 2018. (en inglés)
  3. Ficha. British Museum. Consultado o 2 de novembro de 2018.
  4. Charles, Victoria. El Renacimiento, p. 69. Parkstone International, 2012. En Google Books. Consultado o 2 de novembro de 2018.
  5. The Collection Online: «Venus and Cupid». Páxina web do Metropolitan Museum of Art. Consultado o 2 de novembro de 2018 (en inglés)
  6. «Venus banned from London's underworld.» The Guardian.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Brinkmann, Bodo et al. (2007) Lucas Cranach Royal Academy of Arts, Londres, ISBN 1-905711-13-1
  • Descargues, Pierre (1960). Lucas Cranach the Elder (en inglés). Londres: Oldbourne Press. OCLC 434642. 
  • Friedländer, Max J.e Rosenberg, Jakob (1978) The Paintings of Lucas Cranach Tabard Press, Nova York ISBN 0-914427-31-8
  • Heydenreich, Gunnar (2007) Lucas Cranach the Elder: Painting materials, techniques and workshop practice, Amsterdam University Press, ISBN 978-90-5356-745-6
  • Koerner, Joseph Leo (2004) The reformation of the image University of Chicago Press, Chicago, ISBN 0-226-45006-6
  • Moser, Peter (2005) Lucas Cranach: His Life, His World, His Pictures (traducido do alemán por Kenneth Wynne) Babenberg Verlag, Bamberg, Alemaña, ISBN 3-933469-15-5
  • Nikulin, N (1976) Lucas Cranach, Masters Of World Painting, Aurora Art Publishers, Leningrado
  • O'Neill, J (1987). The Renaissance in the North. New York: The Metropolitan Museum of Art. 
  • Posse, Hans (1942) Lucas Cranach d. ä. A. Schroll & Co., Vienna OCLC 773554 (en alemán)
  • Ruhmer, Eberhard (1963) Cranach (traducido do alemán por Joan Spencer) Phaidon, Londres, OCLC 1107030
  • Schade, Werner (1980) Cranach, a Family of Master Painters (traducido do alemán por Helen Sebba) Putnam, Nova York, ISBN 0-399-11831-4
  • Sören Fischer (2017): Gesetz und Gnade: Wolfgang Krodel d. Ä., Lucas Cranach d. Ä. und die Erlösung des Menschen im Bild der Reformation, Kleine Schriften der Städtischen Sammlungen Kamenz, Band 8, Kamenz 2017, ISBN 978-3-910046-66-5
  • Stepanov, Alexander (1997) Lucas Cranach the Elder, 1472–1553 Parkstone, Bournemouth, Inglaterra, ISBN 1-85995-266-6

Ligazóns externas

editar