[go: up one dir, main page]

Luca della Robbia

artista italiano

Luca della Robbia, nado en Florencia en 1400 e finado na mesma cidade no ano 1482, foi un escultor e ceramista italiano, famoso polas súas obras en terracota.

Modelo:BiografíaLuca della Robbia

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoxullo de 1399 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Florencia, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte10 de febreiro de 1482 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Florencia, Italia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscultura Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Florencia Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescultor, ceramista Editar o valor en Wikidata
ProfesoresNanni di Banco (pt) Traducir e Leonardo di Ser Giovanni (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FamiliaFamilia Della Robbia Editar o valor en Wikidata
IrmánsMarco della Robbia Editar o valor en Wikidata
ParentesAndrea della Robbia, sobriño Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteLe vite de' più eccellenti pittori, scultori e architettori, (sec:V3.5, Luca della Robbia scultore)
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
The Nuttall Encyclopædia >>>:Robbia, Luca Delia Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1122902
Retrato idealizado de Luca della Robbia na edición de 1568 de Le vite de' più eccellenti pittori, scultori e architettori de Giorgio Vasari.

Desenvolveu un esmalte cerámico que facía que as súas obras tivesen unha maior durabilidade no ar libre, facendo así posíbel o uso de cerámica na decoración exterior de edificios. A súa obra caracterízase polo seu feitizo, fronte ao dramatismo tan frecuente nos seus contemporáneos. Dúas das súas obras máis famosas son A Natividade (c. 1460) e a Virxe co Neno (c. 1475). Foi o primeiro dunha dinastía de importantes ceramistas: Andrea della Robbia (sobriño seu) e Giovanni della Robbia (resobriño seu, fillo de Andrea).

Della Robbia foi gabado polo seu compatriota Leon Battista Alberti como un xenio comparábel aos escultores Donatello e Lorenzo Ghiberti, ao arquitecto Filippo Brunelleschi e ao pintor Masaccio. Para xustificar este emparellamento de della Robbia con artistas contemporáneos desta categoría, Alberti reivindicaba o interese e a forza das súas obras en mármore e bronce, así como as súas obras en terracota, sempre asociadas ao seu nome.

Galería

editar

Ligazóns externas

editar