[go: up one dir, main page]

Luís Ardao López

labrego e soldado galego

Luís Ardao López, nado na Capela (Oleiros) en 1907 e finado na Coruña o 7 de marzo de 1938, foi un labrego e soldado galego.

Modelo:BiografíaLuís Ardao López
Biografía
Nacemento1907 Editar o valor en Wikidata
A Capela, España Editar o valor en Wikidata
Morte7 de marzo de 1938 Editar o valor en Wikidata (30/31 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónlabrego, militar Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 3791

Traxectoria

editar

O 6 de decembro de 1934 foi autor dun atraco a man armada en Vilarrodís (Oseiro, Arteixo) con Recaredo Lois, resultando feridas Julia Vázquez Vázquez e a súa filla María Castro Vázquez, de doce anos, que morreron días despois. Detidos o 22 de decembro, Luís foi condenado en consello de guerra a 30 anos de reclusión maior,[1] que cumpriu no penal de El Dueso.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi liberado. Combateu na fronte de Asturias co exército leal e foi proposto para tenente. O caer a fronte norte, pasou a Galicia, e estivo escapado polos montes. Foi detido nun Monte de Monfero. Xulgado na Coruña por rebelión militar en xaneiro de 1938,[2] foi condenado á pena de morte. Foi executado na Coruña.

  1. El Pueblo Gallego, 11-5-1935, p. 11.
  2. El Compostelano, 17-1-1938, p. 2.