Lisardo Freixo
Lisardo Freijo López, coñecido como Tenente Freixo, nado en Doncos (As Nogais) e finado en Aranga o 26 de xuño de 1946, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido Doncos, España |
Morte | 26 de xuño de 1946 Milreu, España |
Causa da morte | morte en combate, ferida por arma de fogo |
Outros nomes | Tenente Freixo |
Actividade | |
Ocupación | maquis |
Membro de | |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española |
Traxectoria
editarLoitou durante a guerra civil co exército republicano na fronte de Asturias, onde acadou o grao de tenente. Trala guerra organizou en 1943 un grupo guerrilleiro que actuaba nas bisbarras de Curtis e Ordes. Ao ano seguinte integrouse, co nome de Destacamento Santiago Álvarez, na IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia baixo as ordes de Marrofer actuando entre Arzúa e Melide. Do seu grupo fixo parte Foucellas. Morreu o 26 de xuño de 1946 xunto a Marrofer e outros guerrilleiros nun enfrontamento coa Garda Civil en Milreu. Substituíuno á fronte do destacamento Samuel Mayo Méndez.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Maiz, Bernardo (1988). Galicia na II República e baixo o franquismo. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-320-4.
- Serrano, Secundino (2002). Maquis. Historia de la guerrilla antifranquista. Madrid: Temas de Hoy. ISBN 84-8460-155-2.