Lingua scots
A lingua scots (en scots: Scots leid ou Scots) é unha lingua xermánica historicamente falada nas Terras Baixas escocesas (Lowlands) e en partes do Ulster. É ás veces chamado lallans (termo procedente de Lowlands) para diferencialo do gaélico escocés, lingua de orixe céltica falada principalmente nas Terras Altas (Highlands) occidentais e nas Hébridas.
Scots Scots | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Lallans | |
Falado en: | Escocia Irlanda do Norte República de Irlanda | |
Rexións: | Europa occidental | |
Total de falantes: | 200.000 (Ethnologue) 1 500 000 (GROS)[1] | |
Posición: | 217 | |
Familia: | Indoeuropea Xermánico Xermano occidental Anglo-frisoa Scots | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Non é oficial Escocia: lingua tradicional | |
Regulado por: | Ninguén | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | sco | |
ISO 639-3: | sco
| |
Mapa | ||
En azul, zonas onde se fala o scots en Escocia. En azul, zonas onde se fala o scots en Irlanda do Norte. | ||
Status | ||
Esta lingua ten a súa orixe en dialectos do inglés medio de Northumbria. Posúe preto dun millón e medio de falantes, e é unha lingua común na rúa, pero que carece de calquera apoio oficial: nin se aprende nas escolas nin aparece na rotulación das cidades nin apenas en libros. O escritor máis famoso en scots é Robert Burns, que empregou esta lingua tanto coma o inglés nos seus poemas.
Nomenclatura
editarOs falantes nativos ás veces refírense á lingua como braid Scots[3] ou usan o dos diferentes dialectos como Doric, Teri ou o Buchan Claik. O termo Lallans, unha variante do scots moderno lawlands, é tamén utilizado. O scots en Irlanda é coñecido en círculos oficiais como "scots do Ulster" ou "Ullans", un recente neoloxismo que combina "Ulster" e "Lallans".
Etimoloxía
editarO nome vernáculo da lingua, Scots, é unha contracción de Scottis, scots antigo,[4] e da forma meridional do inglés antigo tardío Scottisc (en inglés moderno: Scottish), que substituíu a temperán forma i-mutada Scyttisc. Antes do século XV a fala inglesa en Escocia era coñecida como "English" (escrita Ynglis ou Inglis daquelas), así o termo "Scottish" (escrito Scottis) referíase ao gaélico.
A comezos do século XV,[5][6] o inglés de Escocia converteuse nunha lingua sensiblemente distinta, aínda que carecendo dun nome que a distinguise claramente do inglés do sur da Bretaña. Dende o ano 1495 a verba Scottis foi gañando uso gradualmente para referirse á lingua das Terras Baixas escocesas e Erse, irlandés, para o gaélico. Por exemplo, antes da fin do século XV William Dunbar usaba Erse para referirse ao gaélico e a comezos do século XVI Gavin Douglas usou o nome Scottis como nome para a lingua xermánica. Hoxe a lingua celta de Escocia é chamada habitualmente gaélico escocés.
Dialectos
editarRecoñécese que o scots ten habitualmente cinco dialectos:
- Scots setentrional, falado ao norte de Dundee e dividido á súa vez nunha franxa máis setentrional (ao redor da vila de Caithness), nunha fita central e maioritaria (chamado dialecto dórico) e nunha máis meridional. O dialecto dórico ten á súa vez algúns dialectos recoñecidos e peculiares na vila de Cromarty: a fala dos mariñeiros de Cromarty, a fala dos labregos de Cromarty e a fala dos vilegos de Cromarty.
- Scots central, falado entre as cidades de Perth (ao norte) e Glasgow e Edimburgo (ao sur), e que se adoita dividir en nororiental, suroriental, occidental e suroccidental.
- Scots meridional ou fala das Estremas, usada nas Estremas de Escocia.
- Scots insular, falado nas Órcadas e nas Shetland.
- Scots do Ulster, falado por emigrantes escoceses ao norte de Irlanda e no condado de Donegal, e emparentado directamente co scots central.
Notas
editar- ↑ A aparente enorme variación no cómputo de falantes débese a que algunhas estatísticas contabilizan só os falantes maternos, mentres que outras contan a xente que son capaces de entender mesmo parcialmente
- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ "SND:Scots". Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2011. Consultado o 24 de febreiro de 2011.
- ↑ "SND: Scots". Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2011. Consultado o 24 de febreiro de 2011.
- ↑ Companion to the Oxford English Dictionary, Tom McArthur, Oxford University Press, 1994
- ↑ The Stewart Kingdom of Scotland 1371 - 1603, Caroline Bingham, 1974
Véxase tamén
editarExiste unha versión da Wikipedia en Lingua scots |
Vexa no Galizionario as palabras en Escocés |
Outros artigos
editar Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |