[go: up one dir, main page]

Lingua náhuatl de Tetelcingo

variedade do náhuatl falada en Tetelcingo, México

A lingua náhuatl de Tetelcingo, chamada mösiehuali̱ polos seus falantes, é unha variedade da lingua náhuatl falada polo pobo náhuatl no centro de México. É unha das variedades centrais, moi relacionada co náhuatl clásico. Fálase na vila de Tetelcingo, no estado de Morelos, e nas adxacentes Colonia Cuauhtémoc e Colonia Lázaro Cárdenas. Estes tres núcleos de poboación atópanse ao norte de Cuautla, Morelos e foron en gran parte absorbidos pola súa área urbana; como resultado a lingua e a cultura tetelcingo están sometidas a unha intensa presión.

Náhuatl de Tetelcingo
Mösiehuali̱
Falado en: México
Rexións: Morelos
Total de falantes: 3.500 (censo de 1990)
Familia: Uto-azteca
 Nahua
  Náhuatl
   Central
    Náhuatl nuclear
     Náhuatl de Tetelcingo
Escrita: Alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: nhg
Mapa
Status

O náhuatl de Tetelcingo está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

En 1935, William Cameron Townsend publicou un estudo sobre o mösiehuali̱, e dende entón publicáronse outros estudos.

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Brewer, Forrest, e Jean G. Brewer. 1962. Vocabulario mexicano de Tetelcingo. Vocabularios indígenas “Mariano Silva y Aceves” 8. México: Instituto Lingüístico de Verano.
  • Pittman, Richard S. 1948. “Nahuatl honorifics”. International Journal of American Linguistics 14:236-39.
  • Pittman, Richard S. 1954. A grammar of Tetelcingo (Morelos) Nahuatl. Language Dissertation 50 (supplement to Language 30).
  • Tuggy, David. 1979. “Tetelcingo Nahuatl”. Modern Aztec Grammatical Sketches, 1-140, Ronald W. Langacker, ed. Studies in Uto-Aztecan Grammar, vol. 2. Arlington, TX: Summer Institute of Linguistics and University of Texas at Arlington.
  • Tuggy, David. 1981. Electronic version 2008. The transitivity-related verbal morphology of Tetelcingo Nahuatl: an exploration in Space [Cognitive] grammar. UC San Diego doctoral dissertation.