[go: up one dir, main page]

Lingua náhuatl de Puebla central

variedade do náhuatl falada en Puebla central, México

A lingua náhuatl de Puebla central (en náhuatl: Xochiltepec–Huatlatlauca Nahuatl) é unha variedade da lingua náhuatl falada polo pobo náhuatl no estado de Puebla, en México. No ano 1998 era falada por unhas 16.000 persoas, cun 1.430 monolingües. Tamén é coñecida como azteca de Puebla central ou náhuatl do suroeste de Puebla. A lingua fálase na zona ao sur da cidade de Puebla nas cidades de Teopantlán, Tepatlaxco de Hidalgo, La Magdalena Yancuitlalpan, Atoyatempan, Huatlathauca e Huehuetlán preto de Molcaxac. Está escrito en alfabeto latino e ensínase na maioría das escolas de gramática da zona.

Náhuatl de Puebla central
Xochiltepec–Huatlatlauca Nahuatl
Falado en: México
Rexións: Puebla
Total de falantes: 16.000 (censo de 1998)
Familia: Uto-azteca
 Nahua
  Náhuatl
   Central
    Náhuatl nuclear
     Náhuatl de Puebla central
Escrita: Alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: ncx
Mapa
Status

O náhuatl de Puebla central está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]
  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.