[go: up one dir, main page]

Lingua feroesa

lingua escandinava occidental insular nativa das Illas Feroe

O feroés[2] (chamada polos nativos føroyskt), é unha lingua do grupo indoeuropeo da familia xermánica, de orixe continental, falada polo pobo feroés. O feroés é, xunto co islandés e o extinto norn, unha das linguas máis próximas ó noruegués antigo, de xeito que entre eles se poden entender e teñen un alto grao de comprensión das outras linguas escandinavas. É a lingua oficial das illas Feroe (que quere dicir illas das ovellas), falada polos 47.000 habitantes das illas máis cerca de 12.000 feroeses na Dinamarca.

Feroés
'føroyskt'
Pronuncia:[ˈføːɹɪst]
Falado en: Illas Feroe (Dinamarca)
Rexións: Illas Feroe
Total de falantes: 60.000–80.000
Familia: Indoeuropea
 Xermánica
  Setentrional
   Escandinava
    Occidental
     Feroés
Escrita: Alfabeto latino
Status oficial
Lingua oficial de: Illas Feroe Illas Feroe
Regulado por: Føroyska málnevndin
Códigos de lingua
ISO 639-1: fo
ISO 639-2: fao
ISO 639-3: fao
SIL: FAE
Mapa
Status

O feroés está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

Historia

editar
 
V. U. Hammershaimb, padre, político e lingüista feroés, creador da moderna lingua feroesa escrita, representado nun selo das illas Feroe.

O feroés deriva do noruegués antigo falado polos poboadores noruegueses que se estabeleceron nas Illas Feroe no século IX. Como nestas illas non houbo unha era viquinga nin fontes medievais, coñécese pouco sobre o seu desenvolvemento ata antes da Reforma. Durante a reforma, a lingua nas Feroe foi o dinamarqués, sendo esta lingua ata o século XIX o medio de transmisión da lingua escrita nas illas.

Os únicos restos de feroés da época anterior á Reforma son documentos épicos medievais realizados por copistas nativos (aproximadamente do século XVI), uns poucos fragmentos de cancións do século XVII e documentos épicos ocasionais en escritos dinamarqueses (séculos XVI e XVII).

A lingua nativa das illas (independentemente do seu status anterior á Reforma) convertérase no final do século XVI en pouco máis que unha lingua familiar e de traballo. Os asuntos públicos, relixiosos e legais eran tratados en dinamarqués, alén do uso ocasional do noruegués antigo nalgúns manuscritos legais ou copias dos mesmos.

Polo tanto, o coñecemento da evolución da lingua nas illas Feroe, da súa ocupación ata as primeiras tentativas de se gravar por escrito os textos orais da lingua nativa, nos anos finais do século XVIII, é moi escaso. Debido á falta de status oficial no período posterior á Reforma o feroés sufriu unha serie de consecuencias, sendo unha delas a forte influencia do dinamarqués, especialmente no léxico.

A súa ortografía, estabelecida a mediados do século XIX, debe moito ao antigo noruegués e un pouco ao islandés, tendo estas linguas influencia na morfoloxía, sintaxe e léxico do feroés escrito. Aínda que cada poboado feroés teña as súas propias características no estilo da lingua, a comprensión mutua é total, e a capital, Tórshavn (porto de Tor), converteuse no centro lingüístico das illas, do que se pode supoñer que co pasar do tempo a lingua falada nesta cidade se converta na variante normativa.

A lingua escrita foi definida polo lingüista e folclorista feroés Venceslaus Ulricus Hammershaimb en 1846. En 1912 foi autorizada para uso nalgunhas escolas e igrexas e en 1938 converteuse na única lingua para ensino nas escolas, no lugar do dinamarqués.

O feroés é a lingua materna de cerca de 47 000 habitantes das illas Feroe, un grupo de 18 illas no Atlántico norte, a medio camiño entre a Escocia e a Islandia, constituíndo, xunto co dinamarqués, as linguas oficiais do país. Estas illas perteceron á coroa norueguesa ata 1816, cando pasaron ao dominio da coroa dinamarquesa, recibindo un status semi-independente en 1948.

Dialectos

editar
 
Principais isoglosas e dialectos do feroés. Dialecto nordinsular en azul, dialecto de Tórshavn en verde e en vermello dialecto surinsular.

A partir do século XVIII, polo menos, o feroés experimentou unha considerable variación lingüística. Foron definidas as fronteiras dialectais básicas, nas que cada poboado conta cunha forma de falar propia e definida. A maioría das diferenzas obsérvase na orde fonolóxica, aínda que non existan problemas de incomprensión mutua; ao contrario, cada persoa usa a súa propia variedade da lingua sen que ocorran dificultades de entendemento.

Debido á imposición do dinamarqués como lingua oficial, non se elaborou unha forma normativa de feroés, nin tampouco está claro que iso sexa feito no futuro. Dende 1958, un instituto de linguas (e posteriormente un comité lingüístico) observa a evolución do feroés, tendo as actividades desta institución orientado o seu traballo a purificar a lingua da influencia dinamarquesa e doutros elementos estranxeiros, o que pode ser considerado un posible formato para unha futura lingua padrón.

Escrita

editar
 
Disposición dun teclado en lingua feroesa.

En contraste co islandés, o feroés non posuíu tradición escrita ata recentemente. Os textos máis antigos, excepto algunhas características feroesas en textos noruegueses, son tres cancións de 1773. Desde o século XIX a lingua feroesa deixou de ser unha lingua soamente falada para ser unha lingua ensinada na escola, dos xornais, igrexas e radios, alén da administración pública.

Fonoloxía

editar

Vogais

editar
Grafema Nome Curta Longa
A, a fyrra a [ˈfɪɹːa ɛaː] ("leading a") /a/ /ɛaː/
Á, á á [ɔaː] /ɔ/ /ɔaː/
E, e e [eː] /ɛ/ /eː/
I, i fyrra i [ˈfɪɹːa iː] ("leading i") /ɪ/ /iː/
Í, í fyrra í [ˈfɪɹːa ʊiː] ("leading í") /ʊi/ /ʊiː/
O, o o [oː] /ɔ/ /oː/
Ó, ó ó [ɔuː] /œ/ /ɔuː/
U, u u [uː] /ʊ/ /uː/
Ú, ú ú [ʉuː] /ʏ/ /ʉuː/
Y, y seinna i [ˈsaiːdna iː] ("rear i") /ɪ/ /iː/
Ý, ý seinna í [ˈsaiːdna ʊiː] ("rear í") /ʊi/ /ʊiː/
Æ, æ seinna a [ˈsaiːdna ɛaː] ("rear a") /a/ /ɛaː/
Ø, ø ø [øː] /œ/ /øː/
Outras vocais
ei - /ai/ /aiː/
ey - /ɛ/ /ɛiː/
oy - /ɔi/ /ɔiː/

Consoantes

editar
Labial Apical Post-
alveolar
Palatal Velar Glotal
Oclusiva p pʰ t tʰ k kʰ
Africada tʃ tʃʰ
Fricativa f v s ʃ h
Nasal m n ɲ ŋ
Aproximante w l ɹ j

Gramática

editar

Como lingua escandinava occidental, a lingua feroesa está relacionada coa islandesa e a varios dos dialectos noruegueses occidentais e se desenvolveu a partir da lingua falada polos noruegueses que colonizaron as illas ata o século IX. Aínda que haxa variantes significativas na pronuncia de illa a illa non hai verdadeiras variantes dialectais. É notable polos varios ditongos desenvolvidos das antigas vocais simples.

Os substantivos

editar

Os substantivos teñen variacións fortes e fracas. Coma no antigo noruegués e coma no islandés o feroés ten tres xéneros:

conta tamén con catro casos:

e dous números

O artigo determinado singular masculino e feminino é hin e neutro hitt, con formas plurais hinir, hinar e hini.

Os numerais

editar
Número Nome Pronunciación
0 null [null]
1 ein
ein
eitt
[ain]
[ain]
[aitt]
2 tveir
tvær
tvey
[tvair]
[tvæar]
[tvei]
3 tríggir
tríggjar
trý
[trudsjir]
[trudsjar]
[trui]
4 fýra [fuira]
5 fimm [fimm]
6 seks [sæks]
7 sjey [sjei]
8 átta [åtta]
9 níggju [nuddsju]
10 tíggju [tuddsju]
11 ellivu [æddlu]
12 tólv [tøl]
13 trettan [trættan]
14 fjúrtan [fjysjtan]
15 fimtan [fimtan]
16 sekstan [sækstan]
17 seytjan [seitsjan]
18 átjan [åatsjan]
19 nítjan [nuitsjan]
20 tjúgu [tsjyuvu]
21 einogtjúgu [ainotsjyuvu]
30 tretivu [treddvu]
40 fjøruti [fjørti]
50 hálvtrýss [håltrusj]
60 trýss [trusj]
70 hálvfjerðs [hålfjæsj]
80 fýrs [fusj]
90 hálvfems [hålfems]
100 (eitt) hundrað [ait hundra]
101 hundrað og ein [hundra o ain]
1000 (eitt) túsund [ait tyusin]
1100 ellivuhundrað [æddluhundra]
2000 tvey túsund [tvei tyusin]
1 000 000 (ein) miljón [ain miljoun]
2 000 000 tvær miljónir [tvæar miljounir]

Os numerais ordinais

editar

Os numerais ordinais de 1 a 10: ein, tvær, tríggir, fýra, fimm, seks, sjey, átta, níggju, tíggju; 11 ellivu, 12 tólv, 20 tjúgu 30 tríati, 40 fýrati.

Os pronomes persoais

editar

Os pronomes persoais en terceira persoa distinguen xénero. Singular 1 eg, 2 , 3 hann, hon, tað; Plural 1 vit, 2 tit, 3 teir, tær, tey.

Pronomes persoais
Singular 1. 2. 3. m 3. f 3. n
Nominativo eg hann hon tað
Acusativo meg teg hana
Dativo mær tær honum henni
Xenitivo mín tín hansara hennara tess
Plural 1. 2. 3. m 3. f 3. n
Nominativo vit tit teir tær tey
Acusativo okkum tykkum
Dativo teimum
Xenitivo okkara tykkara teirra

O demostrativo masculino e feminino é tann. O pronome relativo é /sum.

A orde da frase é SUXEITO, VERBO e OBXECTO.

Os verbos

editar

Os verbos teñen:
Tres voces: activa, intemediaria e pasiva.
Modos: indicativo, subxuntivo e imperativo
Oito tempos: perfecto, imperfecto, pluscuamperfecto, futuro perfecto e pasado condicional. Os tempos presente e imperfecto son simples, os demais compostos.

Verbos auxiliares

editar
  • at vera - ser, estar
  • at hava - haber, ter
  • at verða - ser, chegar a ser
  • at blíva - ser, chegar a ser
Verbos auxiliares
Infinitivo 1. vera 2. hava 3. verða 4. blíva
Presente Pretérito Presente Pretérito Presente Pretérito Presente Pretérito
eg eri var havi hevði verði varð blívi bleiv
ert varst hevur hevði verður varðst blívur bleivst
hann, hon, tað er var hevur hevði verður varð blívur bleiv
vit
tit
teir, tær, tey
tygum
eru vóru hava høvdu verða vórðu blíva blivu
Part.pas.prf ver havt verð bliv

Verbos modais

editar
  • at kunna - poder (habilidade)
  • at munna - querer
  • at mega - poder, ter permiso
  • at skula - querer
  • at vita - saber, coñecer
  • at vilja - querer, desexar
Verbos modais
Infinitivo 1. kunna 2. munna 3. mega 4. skula 5. vita 6. vilja
Presente Pretérito Presente Pretérito Presente Pretérito Presente Pretérito Presente Pretérito Presente Pretérito
eg kann kundi man mundi tti skal skuldi veit visti vil vildi
kanst kundi manst mundi st tti skalt skuldi veitst visti vilt vildi
hann, hon, tað kann kundi man mundi tti skal skuldi veit visti vil vildi
vit
tit
teir, tær, tey
tygum
kunnu/
kunna
kundu munnu/
munna
mundu mugu/
mega
ttu skulu/
skula
skuldu vita vistu vilja vildu
Pf.ptc.pass. kunn munn meg skul vit vilj
  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para feroés.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar
  • V.U. Hammershaimb: Færøsk Anthologi. København 1891, Tórshavn 1991, 2. bind. (Annað bindi hefur m.a. færeyskt-danskt orðasafn með 10.000 uppsláttarorðum Jakob Jakobsen.
  • W.B. Lockwood: An Introduction to Modern Faroese. Tórshavn 1977.
  • J. Henriksen: Kursus i Færøsk. Tórshavn 1983 (2 bindi)
  • Höskuldur Þráinsson, Hjalmar P. Petersen, Jógvan í Lon Jacobsen, Zakaris Svabo Hansen: Faroese. An Overview and Reference Grammar. Tórshavn 2004 ISBN 99918-41-85-7 (ny standardværk)

Ligazóns externas

editar