Liáns, Oleiros
Santaia de Liáns é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Oleiros. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 10.391 habitantes (5422 mulleres e 4969 homes) o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 6.209 habitantes.
Liáns | |
---|---|
Igrexa de Santaia de Liáns | |
Concello | Oleiros[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°20′05″N 8°21′04″O / 43.334722, -8.351111 |
Poboación | 10.391 hab. (2018) |
Entidades de poboación | 18[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Cultura
editarTopónimo
editarLiáns hipotetízase que podería ser un antropónimo latino que xorde entre os séculos VII e X.[2]
Patrimonio
editarA igrexa parroquial, de estilo barroco (século XVII), está en Liáns cun antigo camposanto ao seu carón. Esta igrexa é o lugar de filmacións da serie Padre Casares.
O castelo de Santa Cruz está situado nun illote na enseada do mesmo nome, no Porto de Santa Cruz. Foi mandado construír por Diego das Mariñas no século XVI para completar o sistema defensivo da ría da Coruña, xunto cos castelos de Santo Antón, San Diego e San Amaro. Na actualidade é propiedade do concello de Oleiros e alberga o CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia).
O Museo dos Oleiros forma parte do Centro Cultural As Torres de Santa Cruz, situado na Torre de Santa Cruz. Acolle unha colección única en Europa de cerámica popular, e é sede de Alfaroleiros, unha das feiras máis importantes de cerámica tradicional de España, que cada ano acolle centos de oleiros que expoñen as súas pezas.
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Liáns, Oleiros.
-
Igrexa de Santaia de Liáns.
-
Cruceiro do adro da igrexa de Santaia de Liáns.
-
No cemiterio.
-
Castelo de Santa Cruz.
-
Efectos do ciclón Xynthia en febreiro de 2010.
Lugares e parroquias
editarLugares de Liáns
editarLugares da parroquia de Liáns no concello de Oleiros | |
---|---|
A Babilonia | O Bañil | O Barral | Bastiagueiro | O Camiño de Vieiro | A Capela | Os Carragás | O Castro | O Catasol | A Choupana | Coruxo de Abaixo | Coruxo de Arriba | O Cubo | A Eira de Concha | Eirís | A Ferrala | A Fonte do Espiño | Franzomel | A Gaiteira | Lamastelle | Lóngora | O Loural | Meixón Frío | Montrove | Morouzo | Mosteiro | O Muíño do Vento | O Pazo do Río | Pazos | O Porto de Santa Cruz | Os Regos | Romardeiro | O Seixo | O Souto | Vista Alegre |
Parroquias de Oleiros
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ Sánchez Pardo, JC.; Andrade Cernadas, JM (Dirección) (2008). "Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media (Tese)". Universidade de Santiago de Compostela: 1051.