[go: up one dir, main page]

Les Planes, Barcelona

Les Planes é un núcleo de poboación do barrio de Vallvidrera, el Tibidabo i les Planes do distrito de Sarrià-Sant Gervasi, na cidade de Barcelona.

Núcleo de Les Planes, visto dende o Mas Guimbau.

Inclúe os núcleos diferenciados de Mas Sauró, Mas Guimbau e El Rectoret e atópase na vertente do Vallès da serra de Collserola. Durante moitos anos foi basicamente un lugar de veraneo con hoteis, fontes e as populares áreas de merenda. A principios do século XX xurdiu o primeiro núcleo urbanizado e a partir da segunda metade do mesmo transformouse nunha barriada humilde sen orde. Non foi ata 1980 cando se aprobou un plan de actuación urbanística.

No núcleo atópase a estación de Les Planes das liñas S1 e S2 do Metro do Vallès da rede de Ferrocarrils de la Generalitat de Catalunya.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar