Larache
- Véxase tamén: Larache, Santa Cristina de Cobres, Vilaboa.
Larache (en bérber: Lleɛrayec, en árabe: العرايش) é unha cidade portuaria localizada no noroeste de Marrocos. É capital da provincia homónima. Situada na rexión Tánxer-Tetuán, dista uns 85 quilómetros de Tánxer e 105 de Tetuán. Atópase situada no litoral atlántico, na marxe esquerda do estuario do río Lucus.
العرائش (ar) ⵍⵄⵔⴰⵢⵛ (tzm) | |||||||
Localización | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
Monarquía constitucional | Marrocos | ||||||
Rexión | Tánxer-Tétouan-Al Hoceïma | ||||||
Province of Morocco (en) | Larache (província) (pt) | ||||||
Capital de | |||||||
Poboación | |||||||
Poboación | 125.008 (2014) | ||||||
Número de fogares | 30.400 (2014) | ||||||
Datos históricos | |||||||
Evento clave
| |||||||
Identificador descritivo | |||||||
Código postal | 92000 | ||||||
Fuso horario | |||||||
Outro | |||||||
Irmandado con | |||||||
Sitio web | laracheenelmundo.com | ||||||
Ten unha poboación de 125 008 habitantes.[1] Nas súas inmediacións (na beira esquerda do estuario do Lucus) atópanse as ruínas de Lixus, un asentamento fenicio e posteriormente cartaxinés que se converteu máis tarde en colonia romana e parte da provincia romana de Mauritania Tinxitana.
Clima
editarLarache ten un clima mediterráneo con abundantes choivas. Os veráns son moderadamente cálidos e soleados, e os invernos húmidos e fríos. A cidade ten de media entre 700 e 800 milímetros de choiva ao ano. En canto ás temperaturas, entre 6 °C e 10 °C no inverno, e entre 27 °C e 35 °C no verán.
Notas
editar- ↑ "Citypopulation.de" (en (en inglés).). Consultado o 26 de setembro de 2017.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Larache |
Bibliografía
editar- Fereres de Moryussef, Sara: Larache, crónica nostálgica. AIV, Caracas: AIV, 1996.
- López Enamorado, María Dolores. Larache a través de los textos: Un viaje por la literatura y la historia. Sevilla: Junta de Andalucía-Consejería de Obras Públicas y Transportes, 2004. ISBN 84-8095-372-1.