Lago de Ohrid
O lago de Ohrid (en macedonio: Охридско Езеро Ohridsko Ezero; en albanés: Liqeni i Ohrit, tamén coñecido como Liqeni i Pogradecit)[1][2][3][4][5][6][7] é un lago que se atopa na rexión montañosa da fronteira entre Macedonia do Norte e o leste de Albania. É un dos lagos máis profundos e antigos de Europa, cun ecosistema único de relevancia mundial con máis de 200 especies endémicas.[8]
Tipo | lago lago antigo | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Patrimonio natural e cultural da rexión de Ohrid | |||
Localización | ||||
País da cunca | Macedonia do Norte e Albania | |||
| ||||
Afluentes | ||||
Efluente do lago | Río Drin | |||
Características | ||||
Altitude | 695 m | |||
Profundidade | 288,7 m | |||
Dimensións | 14,8 () × 30,4 () km | |||
Superficie | 349 km² | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 1.414 km² | |||
Medicións | ||||
Volume físico | 55.400 hm³ | |||
A parte do lago de Ohrid que se atopa en Macedonia do Norte foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1979, e un ano despois foi ampliada para incluír tamén a zona cultural e histórica da cidade de Ohrid. En 2010, a NASA nomeou un dos lagos de Titán na súa honra.[9] En 2014, a reserva transfronteiriza de Ohrid-Prespa entre Albania e Macedonia do Norte foi engadida á rede de Reservas da Biosfera da UNESCO.[10] A parte albanesa do lago foi designada Patrimonio da Humanidade en 2019. A parte de Macedonia do Norte foi nomeada como sitio Ramsar en 2021, superando os nove criterios para a proclamación.[11]
En Albania, a parte costeira do lago ten o status de reserva da natureza. En Macedonia do Norte, o lago forma parte do Parque Nacional de Galičica.
Notas
editar- ↑ "Pëllumb Gorica: Liqeri i Lasgush Poradeci | Lasgushit, parajsa e shpirtit tonë...". Consultado o 26 de outubro de 2015.
- ↑ "Sondazhi: Liqeni i Pogradecit më i bukuri në Shqipëri". Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2015. Consultado o 26 de outubro de 2015.
- ↑ "LIQENI I POGRADECIT". Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2017. Consultado o 26 de outubro de 2015.
- ↑ "LIQENI I POGRADECIT, DALLGËT KTHEHEN NË AKULL (FOTO)". Arquivado dende o orixinal o 4 de marzo de 2016. Consultado o 26 de outubro de 2015.
- ↑ "Liqeni i Ohrit kjo perlë e natyrës". Consultado o 26 de outubro de 2015.
- ↑ "Liqeni i Ohrit, syri dhe shpirti i Pogradecit". Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2017. Consultado o 26 de outubro de 2015.
- ↑ "Liqeni i Pogradecit, Albania Lexo më shumë në". Arquivado dende o orixinal o 4 de marzo de 2016. Consultado o 26 de outubro de 2015.
- ↑ "Lake Ohrid; Invest in Macedonia – Agency for Foreign Investments of the Republic of Macedonia". InvestInMacedonia.com. Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2008. Consultado o 3 de xuño de 2017.
- ↑ "One of Titan lakes to be named Ohrid Lacus". MIA.com.mk. Consultado o 3 de xuño de 2017.
- ↑ "Single View News - United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization". www.UNESCO.org. Consultado o 3 de xuño de 2017.
- ↑ Ministry of Environment and Physical Planning (2021) "Ramsar Information Sheet: Lake Ohrid". Ramsar Secretariat, Gland, Switzerland.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lago de Ohrid |