[go: up one dir, main page]

Lanai (oficialmente en hawaiano Lāna‘i) é unha das illas Hawai. Administrativamente depende do condado de Maui. O seu nome en hawaiano significa 'soportal' ou 'balcón'.

Modelo:Xeografía físicaLanai
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte deArquipélago de Hawai Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaArquipélago de Hawai Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaCondado de Maui, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Editar o valor en Wikidata Mapa
 20°49′30″N 156°55′12″O / 20.825, -156.92
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude102.600 cm Editar o valor en Wikidata
Dimensións21 (ancho) × 29 (lonxitude) km
Perímetro84 km Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoLānaihale (en) Traducir Editar o valor en Wikidata  (1.030 m Editar o valor en Wikidata )
Superficie363,97 km² Editar o valor en Wikidata
Actividade
PropietarioLarry Ellison, David H. Murdock (en) Traducir e Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata

Páxina webgohawaii.com… Editar o valor en Wikidata

A illa é case circular, cunha forma que recorda un pouco a unha coma e unha superficie total de 364 km². Lanai está separada de Molokai pola canle Kalohi ao norte, e de Maui pola canle Au´au ao leste. A única cidade é Lāna‘i City, situada no centro da illa. A poboación total era de 3.193 habitantes no censo do 2000.

Lanai foi descuberta polo capitán Charles Clerke a bordo do HMS Resolution, o 25 de febreiro de 1779, cando partía das illas poucos días logo da morte de James Cook.

En 1922, James Dole, o presidente da Dole Food Company, comprou toda a illa de Lanai e converteuna na plantación de ananas máis grande do mundo. Chegou a producir o 75% do mercado de ananas, con especial éxito das ananas en conserva. Por iso Lanai ten o sobrenome de Pineapple Island ou Illa Ananas. Na década de 1980 comezouse a diversificar a economía cara ao turismo.

Turismo

editar
Artigo principal: Turismo en Hawai.

O desenvolvemento do turismo en Lāna‘i foi bastante recente, coa retirada paulatina da industria da ananas nas illas.

Existen dous complexos hostaleiros en Lāna‘i: Manele Bay e o refuxio ou Lodge de Kō´ele. Este último é un caso atípico en Hawai´i xa que se atopa no interior e non preto da praia. Hai tamén un pequeno hotel en Lāna‘i City destinado principalmente a aloxar a quen visitan aos residentes en Lāna‘i. Ambos contan con campo de golf e forman parte dos Four Seasons.

O punto máis elevado é Lāna‘ihale, cunha altitude de 1.027 metros (3.370 pés).