Leos Carax
Alex Christophe Dupont,[1][2] nado en Suresnes (Altos do Sena) o 22 de novembro de 1960 é un director de cinema, guionista e crítico francés, coñecido como Leos Carax ([leɔs karaks]). O seu nome profesional é un anagrama do seu nome real, 'Alex', e de 'Oscar'.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de novembro de 1960 (63 anos) Suresnes, Francia |
Altura | 1,6 m |
Actividade | |
Lugar de traballo | Francia |
Ocupación | guionista, actor de cinema, crítico de cinema, director de cinema |
Período de actividade | 1984 - |
Empregador | Cahiers du cinéma |
Profesores | Serge Daney (pt) |
Influencias | |
Familia | |
Cónxuxe | Yekaterina Golubeva (–2011) |
Parella | Juliette Binoche |
Fillos | Nastya Golubeva Carax () Yekaterina Golubeva |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Traxectoria
editarLeos Carax naceu nos suburbios de París,[1] fillo de pai francés e nai estadounidense.
Comezou a súa carreira cinematográfica cunha serie de curtametraxes e como crítico, antes de estrear Boy Meets Girl (1984). Este traballo estableceu a reputación de Carax co seu estilo visual. Supuxo ademais a primeira colaboración co actor Denis Lavant e co director de fotografía Jean-Yves Escoffier. Seguiu a continuación Mauvais Sang (1986) que continuou a explorar as complexidades do amor nos tempos modernos a través dun punto de vista máis escuro e criminal. O filme é unha clara homenaxe á Nouvelle Vague e o uso de actrices como Juliette Binoche foi unha proba do tributo ás súas influencias, especialmente Jean-Luc Godard.
Cinco anos despois dirixiu Les Amants du Pont-Neuf, que se converteu nunha cara obra cando as autoridades parisienses só aceptaron unha rodaxe de dez días na Pont Neuf. A reacción aos problemas de filmar nunha ponte pública levaron a construír un modelo da ponte no sur de Francia. Porén, o primeiro día de rodaxe Denis Lavant feriuse gravemente no polgar e houbo que atrasar a filmación un mes. As dificultades financeiras prolongaron aínda máis o tempo. O filme foi un éxito de crítica e abriu a porta a facer un traballo máis experimental na súa cuarta longametraxe, Pola X, adaptación dun conto sobre o incesto de Herman Melville.
Volveu ao cinema en 2012 con Holy Motors[3] de novo con Denis Lavant.
Filmografía
editar- Director
- Strangulation Blues (1980) - Curtametraxe
- Boy Meets Girl (1984)
- Mauvais Sang (1986)
- Les Amants du Pont-Neuf (1991)
- Sans Titre (1997) - Curtametraxe
- Pola X (1999)
- Tokyo! (2008) - Segmento "Merde"
- Holy Motors (2012)
- Actor
- King Lear (1987)
- Namai (1997)
- The Process (2003)
- 977 (2006)
- Mister Lonely (2007)
- Holy Motors (2012)
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Rège., Philippe (2010). Encyclopedia of French film directors. Volume I. A–M. Lanham: Scarecrow Press. pp. 175–176. ISBN 978-0-8108-6137-4.
- ↑ Dargis, Manohla (16 de outubro de 2012). "It’s Not About the Destination, but About the Dizzying Ride". The New York Times. Consultado o 20 de xullo de 2013.
- ↑ ""Holly motors", le retour de Léos Carax, avec Denis Lavant - News films Tournages - AlloCiné". Allocine.fr. Consultado o 11 de febreiro de 2013.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Leos Carax por Fergus Daly e Garin Dowd. Publicado por Manchester University Press, 2003, ISBN 0-7190-6315-9.
Ligazóns externas
editar- Leos Carax na IMDb (en inglés).
- "Alex in the City
- Entrevista sobre Pola X en YouTube.
- Sans Titre, curtametraxe en YouTube.
- "My last minute", curtametraxe en YouTube.
- Foco - Revista de Cinema, edición dedicada a Leos Carax