Léon Blum
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
Léon Blum, nado en París o 9 de abril de 1872 e finado en Jouy-en-Josas o 30 de marzo de 1950, foi un home político socialista francés. Foi un dos dirixentes da Sección Francesa da Internacional Obreira (SFIO) e xefe do goberno de Francia, en particular en 1936.
Traxectoria
editarProcedía dunha familia xudía de clase media. Estudou dereito na Sorbona e graduouse en 1894. Tivo unha carreira brillante e foi nomeado auditor no Conseil d'Etat. Estudaba unha segunda carreira de crítico literario. Pronto se converteu nunha das figuras literarias máis importantes de Francia. Blum demostrou pouco interese na política ata o Caso Dreyfus de 1894, que tivo nel un efecto traumático como en tantos outros xudeus franceses. Facendo campaña como dreyfusista entrou en contacto co líder socialista Jean Jaurès, a quen admiraba. Comezou a participar no diario socialista L'Humanité, e uniuse a SFIO (socialistas). Pronto se converteu no principal teórico do partido.
En xullo de 1914, tralo estalido da primeira guerra mundial, Jaurès foi asasinado, e Blum tomou un papel máis activo na dirección do partido. En 1919 foi elixido membro do comité executivo, e tamén representante por París ante a Asemblea Nacional francesa. En 1920 traballou duramente para evitar a ruptura entre partidarios e detractores da Revolución Rusa, pero os máis radicais se separaron, levando L'Humanité con eles e fundaron o Partido Comunista Francés. A actitude dos comunistas fronte ao Pacto xermano-soviético foi criticada por Blum, quen se distanciou entón deles. Baixo Vichy, durante a segunda guerra mundial, foi perseguido por Pétain e despois detido e condenado. As autoridades francesas entregárono aos nazis, e foi deportado en marzo de 1943 a Buchenwald. Liberado polas tropas aliadas en maio de 1945, Blum volveu á política e dirixiu o último goberno provisional antes da instauración da Cuarta República, de decembro de 1946 a xaneiro de 1947. Retirouse a Jouy-en-Josas (preto de Versalles), onde morreu aos 78 anos.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Léon Blum |