Klas Pontus Arnoldson
Klas Pontus Arnoldson, nado en Gotemburgo o 27 de outubro de 1844 e finado en Estocolmo o 20 de febreiro de 1916, foi un político, xornalista e pacifista sueco, galardoado co premio Nobel da Paz en 1908.
Nome orixinal | (sv) Klas Pontus Arnoldson |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 27 de outubro de 1844 Gotemburgo, Suecia |
Morte | 20 de febreiro de 1916 (71 anos) Estocolmo, Suecia |
Lugar de sepultura | Cemiterio do Norte de Estocolmo, Kvarter 21C, gravnummer 1054 59°21′27″N 18°01′14″L / 59.3574, 18.0205 |
Membro da Segunda Secção (pt) | |
1882 – 1887 Circunscrición electoral: Q10688831 | |
Actividade | |
Ocupación | Político, xornalista e pacifista |
Partido político | "vänstern" (en) (1886–1886) |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Dicionário Biográfico Sueco (pt) Svenskt författarlexikon: 1. 1900–1940 (en) Sveriges dödbok 1860–2017 (en) |
Traxectoria
editarTras traballar durante dez anos nos ferrocarrís suecos, foi electo membro do Parlamento (Riksdag). Ao longo do seu mandato (1882-1887) traballou por lograr unha neutralidade permanente nos países escandinavos.
En 1883 fundou a Sociedade Sueca pola Paz e a Arbitraxe, onde ocupou o cargo de secretario durante varios anos. Debido a isto, así tamén pola súa participación nos esforzos para evitar a guerra con Noruega en 1905, compartiu en 1908 o premio Nobel da Paz co danés Fredrik Bajer.
En 1900 escribiu A esperanza dos séculos en relación cos adiantos obtidos a favor da paz.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Klas Pontus Arnoldson |
- Nobel Committee information on 1908 Peace laureates
- Klas Arnoldson at Find-A-Grave