[go: up one dir, main page]

Juan José Teijeiro Leira

mariñeiro, funcionario e político galego

Juan José Teijeiro Leira, coñecido como Macicos, nado en Mugardos cara a 1896 e finado en Ferrol o 27 de xaneiro de 1938, foi un mariñeiro, funcionario e político galego.

Modelo:BiografíaJuan José Teijeiro Leira
Biografía
Nacementoc. 1896 Editar o valor en Wikidata
Mugardos, España Editar o valor en Wikidata
Morte27 de xaneiro de 1938 Editar o valor en Wikidata (41/42 anos)
castelo de San Filipe, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpescador, funcionario Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 20674

Traxectoria

editar

Durante a Segunda República Española foi secretario do concello de Mugardos. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, con Juan José Romero Ramos, Jesús Planas Rodríguez, José María Montero Martínez, Francisco Loureda Silvar, Ramón Díaz Pena, Agustín Veiga Hermida, Rogelio Casal Pérez, Juan Carnero Vázquez e José Rivas Fariña, asaltaron o pazo de Piñeiro na procura de armas o 21 de xullo; no tiroteo cos moradores morreron un dos donos e un crego. Foi detido o 25 de marzo de 1937 con Jesús Plana Rodríguez e procesado.[1] Xulgado por un tribunal militar en Ferrol os días 1, 2 e 3 de decembro de 1937 acusado de rebelión polos sucesos do pazo do Piñeiro,[2][3] foi condenado a pena de morte. Foi executado no castelo de San Filipe o 27 de xaneiro de 1938 canda Amada García, Antonio Eytor Canizo, Ángel Roldos Gelpi e José María Montero Martínez de Mugardos; Jaime González Pérez e Ramón Rodríguez López de Ares; e Germán López García de Cabanas.[4] Abríronlle expediente de responsabilidade civil en xuño de 1938.[5]

  1. El Correo Gallego, 28-3-1937, p. 2.
  2. El Correo Gallego, 1-12-1937, p, 1.
  3. El Pueblo Gallego, 4-12-1937, p. 5.
  4. El Eco de Santiago, 29-1-1938, p. 2.
  5. El Ideal Gallego, 10-6-1938, p. 3.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar