[go: up one dir, main page]

Juan Muñoz Salcedo

Frei Juan Antonio Muñoz Salcedo, nado en Santisteban del Puerto (provincia de Xaén) o 26 de setembro de 1650 e finado o 5 de maio de 1728, foi un eclesiástico e catedrático español.

Modelo:BiografíaJuan Muñoz Salcedo
Biografía
Nacemento26 de setembro de 1650 Editar o valor en Wikidata
Provincia de Xaén, España Editar o valor en Wikidata
Morte5 de maio de 1728 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Bispo de Mondoñedo
20 de xullo de 1705 –
← Manuel Francisco Navarrete y Ladrón de Guevara (en) TraducirAntonio Sarmiento de Soutomaior →
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrde de San Xerome Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Fillo de Pedro Muñoz Ortega e de Dona Elvira Salcedo. Co nome de Juan de Santisteban ingresou o 17 de febreiro de 1670 nos Xerónimos de San Lorenzo do Escorial antes de cumprir os vinte anos, onde cursou os oito do Colexio. Era moi erudito en ciencias eclesiásticas e foi Catedrático de Sagrada Escritura e de Teoloxía Moral no Escorial, chegando a ser predicador do rei. Foi elixido prior do mosteiro de Santa Catalina de Talavera sendo reelixido ao rematar o primeiro trienio de mandato. Do priorado de San Lorenzo pasou a ser elixido polo rei Filipe V para ocupar o bispado de Mondoñedo,[1] sendo confirmado polo constistorio romano o 20 de xullo de 1705 e tomando posesión da diocese o 2 de decembro dese mesmo ano.[1] Morreu o 5 de maio de 1728.[2]

  1. 1,0 1,1 Roldán, Alberto García. "GALICIA PUEBLO A PUEBLO: CATEDRAL, MONDOÑEDO". GALICIA PUEBLO A PUEBLO. Consultado o 2017-04-06. 
  2. "Fray Juan Muñoz Salcedo". www.redjaen.es. Consultado o 2017-04-06. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Este artigo tan só é un bosquexo 
 Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.