Joseph von Fraunhofer
Joseph von Fraunhofer, nado en Straubing o 6 de marzo de 1787 e finado en Múnic o 7 de xuño de 1826, foi un astrónomo, óptico e físico alemán. O cráter Fraunhofer da Lúa foi chamado así na súa honra.
Nome orixinal | (de) Joseph Fraunhofer |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 6 de marzo de 1787 Straubing (Sacro Imperio Romano Xermánico) |
Morte | 7 de xuño de 1826 (39 anos) Múnic (Confederación Xermánica) |
Causa da morte | tuberculose |
Lugar de sepultura | Alter Südfriedhof (pt) 48°07′37″N 11°33′50″L / 48.126972, 11.563917 |
Catedrático Academia de Ciencias de Baviera | |
1824 – | |
Actividade | |
Campo de traballo | Física |
Ocupación | físico, astrónomo, químico |
Empregador | Universidade de Múnic Q18563009 |
Membro de | |
Premios | |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Фраунгофер Йозеф) Allgemeine Deutsche Biographie |
Como científico, enxeñeiro e emprendedor acadou logros como o descubrimento das "liñas de Fraunhofer" no espectro óptico da luz do sol, inventou un novo método de manufactura de lentes e iniciou un negocio de produción de vidro para microscopios e telescopios. Debido ao seu carácter multifacético o instituto tecnolóxico Fraunhofer-Gesellschaft leva o seu apelido.
Traxectoria
editarAo quedar orfo aos once anos, empezou a traballar como aprendiz no obradoiro dun cristaleiro chamado Philipp Anton Weichelsberger.
En 1801 a empresa na que traballaba derrubouse, e Fraunhofer quedou sepultado baixo os cascallos. Dirixiu a operación de salvamento o propio príncipe elector de Baviera, Maximiliano IV Xosé (futuro Maximiliano I de Baviera. A partir dese intre, o príncipe entrou na vida de Fraunhofer, axúdandolle a obter os libros que necesitaba e forzando a quen lle daba traballo a que permitisen o seu estudo.
Tras oito meses de estudos, Fraunhofer comezou a traballar no Instituto de Óptica da abadía de Benediktbeuern, un mosteiro bieito desamortizado adicado á fabricación de cristal. Aquí descubriu o xeito de crear os mellores cristais ópticos, á vez que inventou un método extraordinariamente preciso para medir a dispersión. En 1818 pasou a dirixir o Instituto. Grazas aos extraordinarios instrumentos ópticos que desenvolvera, Baviera substituíu a Inglaterra como referencia na industria óptica.
En 1814 Fraunhofer foi o primeiro que investigou con seriedade sobre as liñas de absorción no espectro do Sol, que serían explicadas de modo exhaustivo por Kirchhoff e Bunsen en 1859, coa invención do espectroscopio. Esas liñas séguense chamando nos nosos días liñas de Fraunhofer en honor seu.
Tamén inventou a retícula de difracción transformando así a espectroscopia de arte a ciencia, demostrando o xeito exacto de medir a lonxitude de onda da luz. Foi o primeiro en decatarse de que os espectros de Sirio e doutras estrelas brillantes eran distintos entre si e do Sol, comezando dese xeito a espectroscopia estelar.
A súa ilustre carreira permitiulle obter un doutoramento honoris causa na Universidade de Erlangen en 1822. En 1824 foi distinguido coa orde do Mérito, foi declarado nobre e concedéuselle a cidadanía honoraria de Múnic. Do mesmo xeito que outros moitos fabricantes de cristal na súa época, envelenado polos vapores dos metais pesados Fraunhofer morreu novo, en 1826, aos 39 anos.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Joseph von Fraunhofer |
Ligazóns externas
editar- Fraunhofer-Gesellschaft Sociedade nomeada en honor ao científico Von Fraunhofer.