José Varela Bouza
José Varela Bouza, coñecido como Pepe o Lobo, nado en Bañobre (Miño) en 1910 e finado en Perbes o 29 de marzo de 1938, foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1910 Bañobre, España |
Morte | 29 de marzo de 1938 (27/28 anos) Perbes, España |
Causa da morte | homicidio, ferida por arma de fogo |
Outros nomes | Pepe o Lobo |
Actividade | |
Ocupación | político |
Familia | |
Irmáns | Amelia Varela Bouza Juan Varela Bouza |
Traxectoria
editarMilitante da CNT e do PCE de Miño. Foi acusado de executar o incendio da igrexa de Santa María de Castro o 10 de abril de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Abriron varias causas contra el. Xulgado na Coruña o 13 de novembro de 1937 acusado de rebelión militar na causa 921/37,[1] foi condenado a pena de morte o 18 de novembro. Preso no castelo de Santo Antón agardando o cumprimento da condena, fuxiu da cadea o 28 de xaneiro de 1938 logrando chegar a nado á praia do Naval. Agochouse preto da súa casa de Bañobre, pero foi descuberto polos falanxistas e a Garda Civil que o mataron en Perbes o 29 de marzo de 1938 xunto con José María Blanco Barros.[2]
A súa muller Manuela López Cabana foi detida e procesada por auxilio á rebelión.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Regueira Cereijo, Rosario (2017). Cando pasou o que pasou. Noia: Toxosoutos. ISBN 978-84-947719-6-5.