[go: up one dir, main page]

José Ufarte

futbolista español

José Armando Ufarte Ventoso, coñecido deportivamente como Ufarte, nado en Pontevedra o 17 de maio de 1941, é un exfutbolista e adestrador galego, con dobre nacionalidade brasileira. Xogaba de extremo e foi internacional coa selección española.

Modelo:BiografíaJosé Ufarte
Nome orixinalJosé Armando Ufarte Ventoso
Biografía
Nacemento17 de maio de 1941 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Altura171 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoExtremo
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1958–1960   Clube de Regatas do Flamengo 5(0)
1961–1961 Sport Club Corinthians Paulista
1961–1964   Clube de Regatas do Flamengo 106(15)
1964–1974   Atlético de Madrid 247(25)
1974–1976   Racing de Santander 55(10)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1964–1964   España B 1(0)
1965–1972   España 16(2)
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Atlético de Madrid Editar o valor en Wikidata
Participou en
xullo de 1966Mundial de Fútbol Inglaterra 1966 Editar o valor en Wikidata

FIFA: 185740 Editar o valor en Wikidata

Sendo neno emigrou coa súa familia ao Brasil, onde xogou no Flamengo e no Corinthians, antes de volver a España e triunfar no Atlético de Madrid, co que xogou dez tempadas gañando tres ligas e dúas Copas do Rei. Era un extremo dereito que destacaba pola súa técnica individual, o seu pase preciso, a súa velocidade e mailo seu caneo explosivo.

Tras retirarse no Racing de Santander comezou unha carreira como adestrador, destacando o seu traballo coas categorías inferiores da selección española, chegando a ser campión de Europa coa sub-19 en 2004.

Traxectoria

editar

Comezos (1941-1958)

editar

Comezou a xogar ao fútbol na súa cidade natal, onde militou no Petit Lérez e no equipo infantil do Pontevedra. Pero aos 14 anos tivo que coller con súa nai, Josefa, e unha irmá, o camiño da emigración cara ao Brasil, onde xa estaba instalado seu pai, que era un mecánico almeriense.[1][2]

Continuou co fútbol nas rúas de Río de Xaneiro e aos 15 anos viuno xogar a filla do tesoureiro do Flamengo. Tras facerlle unha proba o club fichouno para as súas categorías inferiores.[3][2]

Flamengo e Corinthians (1958-1964)

editar

En 1958, aos 17 anos, debutou co primeiro equipo do Flamengo, converténdose no segundo español en xogar no club paulista, despois do tamén galego Talladas, dúas décadas antes.[4] Ocupaba a posición de extremo pero tras a chegada do técnico Fleitas Solich, este quería que xogase como interior. Os problemas co adestrador fixeron que marchase para o Corinthians en 1961. Ao ano seguinte, Fleitas Solich recalou tamén no Corinthians polo que Ufarte volveu ao Flamengo. Conquistou co Mengão o Campionato Carioca de 1963, despois de superar por un punto ao Fluminense, co que empatou no derradeiro partido en Maracaná diante de 194 603 seareiros, unha marca histórica.[5][6]

Atlético de Madrid (1964-1974)

editar

En 1964 volveu a España para xogar co Flamengo o Trofeo Laranxa en Valencia, e foi fichado polo Atlético de Madrid.[7][1] Debutou na primeira división o 13 de setembro de 1964 contra o Betis con vitoria por 3 a 1. Na primeira tempada no equipo colchoneiro acadou o subcampionato de liga, trofeo que gañou na tempada seguinte e noutras dúas ocasións máis, amais de dúas Copas do Xeneralísimo. Formou un gran tándem na banda dereita xunto a Luis Aragonés.[8] A súa última tempada no Atlético de Madrid foi a 1973-74, na que volveu acadar o subcampionato de liga e da Copa de Europa, despois de perder a final contra o Bayern de Múnic.[9]

En total estivo 10 tempadas no Atlético de Madrid, disputando 322 partidos nos que marcou 34 goles.

Racing de Santander (1974-1976)

editar

En 1974 fichou polo Racing de Santander, que militaba en Segunda División. Esa mesma tempada o equipo dirixido por José María Maguregui logrou o ascenso á primeira división. Continuou no equipo un ano máis, xogando 27 partidos de liga e marcando sete goles. Ao remate da tempada colgou as botas.

Xogou un total de 274 partidos na primeira división española, marcando 32 goles.

Selección nacional

editar

Foi internacional coa selección española de fútbol en 16 ocasións, marcando dous goles. Debutou o 5 de maio de 1965 contra Irlanda, na fase de clasificación para o Mundial de Inglaterra de 1966. A súa entrada na selección viuse propiciada por unha lesión do coruñés Amancio.[1] España perdeu o primeiro partido contra Irlanda pero gañou o segundo, debendo xogarse entón un partido de desempate que decidiría o equipo que disputaría o Mundial. Con cero a cero no marcador, no minuto 82 de partido Ufarte deulle un pase ao tamén galego Marcelino, cuxo remate rebotou nun defensa, quedándolle o balón a Ufarte, que non fallou e clasificou a España para o Mundial.[1]

Xogou só un partido naquel Mundial, no partido fronte á Arxentina.[10] Xogou o seu último partido coa selección en 1972 fronte a Iugoslavia.[11]

Adestrador

editar

Comezou adestrando as categorías inferiores do Atlético de Madrid, así como o filial. En marzo de 1988 colleu as rendas do primeiro equipo tras a destitución de César Luis Menotti.[12] En principio era para ficar ata final de tempada, cando se incorporaría o técnico José María Maguregui, que nese momento estaba no Celta de Vigo. Con todo, só estivo tres partidos no banco, sendo destituído por Jesús Gil despois de negarse a recibir indicacións de Maguregui.[13] Nas seguintes dúas tempadas adestrou o Racing de Santander, sendo destituído ao remate da segunda delas, tras descender a Segunda B.

Na tempada 1992-93 adestrou o Mérida en Segunda, e en 1997 incorporouse á Real Federación Española de Fútbol. Alí foi seleccionador de varias das categorías inferiores da selección española. Coa sub-20 proclamouse subcampión do mundo en 2003 en Abu Zabi e coa sub-19 conquistou o Campionato europeo de 2004 en Suíza, cun equipo no que destacaban entre outros Sergio Ramos, Amorebieta, Juanfran, Silva ou Soldado.[14]

Posteriormente pasou a ser o segundo adestrador de Luis Aragonés na selección española absoluta, conquistando en 2008 a Eurocopa.[15]

Palmarés

editar

Como xogador

editar

Flamengo

editar

Atlético de Madrid

editar

Como adestrador

editar

Selección española sub-19

editar
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Relaño, Alfredo (24 de marzo de 2013). "El gol de ‘Espanhol’ ante 30.000 emigrantes". El País (en castelán). Consultado o 16 de marzo de 2021. 
  2. 2,0 2,1 Fernández, Carlos (3 de xullo de 1990). "Ufarte, tras triunfar en Brasil, se reveló en Inglaterra-66 como un genuino extremo clásico". La Voz de Galicia (en castelán). p. 40. 
  3. Ramos, Jesús (2 de febreiro de 2019). "Ufarte, fútbol carioca para el Atlético" (en castelán). Consultado o 16 de marzo de 2021. 
  4. "Pablo Marí, primeiro espanhol a ganhar uma Libertadores" (en portugués). 24 de novembro de 2019. Consultado o 16 de marzo de 2021. 
  5. "rsssfbrasil.com". Maiores asistencias aos partidos do Fluminense. Consultado o 16 de marzo de 2021. 
  6. "Um milagre, um recorde, um estádio que não cai: o Fla-Flu de 1963" (en portugués). 8 de xullo de 2012. Consultado o 16 de marzo de 2021. 
  7. "Asi habló nuestro paisano Ufarte". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de xullo de 1964. p. 8. 
  8. Sánchez, Fernando (24 de agosto de 2018). "Ufarte, el ‘espanhol’" (en castelán). Consultado o 16 de marzo de 2021. 
  9. "35 Años del maldito último minuto de la final contra el Bayern" (en castelán). 15 de maio de 2009. Consultado o 16 de marzo de 2021. 
  10. "Arxentina-España 1966". ceroacero.es (en castelán). Consultado o 16 de marzo de 2021. 
  11. "España-Iugoslavia 1972". sefutbol.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2021. Consultado o 16 de marzo de 2021. 
  12. "Gil quiere discutir hoy con Menotti las razones de su cese como técnico atlético y el importe del finiquito". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de marzo de 1988. p. 43. 
  13. "Revuelo en el Atlético, donde Jesús Gil destituye a Ufarte y pone a Maguregui al cargo del equipo". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de abril de 1988. p. 37. 
  14. "FOTOS CON HISTORIA: 2004, cuando la Sub-19 abrió el camino a la Absoluta". sefutbol.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2021. Consultado o 16 de marzo de 2021. 
  15. González-Martín, Tomás (7 de xuño de 2020). "El segundo entrenador, un valor al alza en el fútbol". ABC (en castelán). Consultado o 16 de marzo de 2021. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar