[go: up one dir, main page]

José Isasa Olaizola

guerrilleiro antifranquista vasco

José Isasa Olaizola, coñecido como Fermín, nado en Donostia o 25 de febreiro de 1911 e finado en Madrid o 14 de xaneiro de 1947, foi un guerrilleiro antifranquista vasco.

Modelo:BiografíaJosé Isasa Olaizola
Biografía
Nacemento25 de febreiro de 1911 Editar o valor en Wikidata
Donostia, España Editar o valor en Wikidata
Morte14 de xaneiro de 1947 Editar o valor en Wikidata (35 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Outros nomesFermín Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaquis, militar Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista de España Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Obreiro de Cementos Rezola. Foi un dos creadores das milicias antifascistas en Donostia. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 enrolouse no Exército e dirixiu un batallón da 114 Brigada. Coa caída da fronte de Cataluña pasou a Francia. Grazas ao SERE embarcou en Le Havre rumbo á República Dominicana o 1 de maio de 1940. Despois pasou á Arxentina.

Na Arxentina foi captado por José Pons nas súas conferencias sobre Unión Nacional e formaron un grupo para volver a España. Desembarcou en Lisboa o 14 de novembro de 1943. Pasou a fronteira por Ourense e chegou a Madrid o 20 de novembro. Traballou con José Gómez Gayoso como secretario de organización do PCE de Madrid, e despois con Ramón Guerreiro “Julio”, tamén en organización. A mediados de 1944 foi nomeado por Jesús Monzón xefe militar do Exército Nacional Guerrilleiro (ENG) da Junta Suprema de Unión Nacional (JSUN), aínda que na práctica só era xefe do Exército Guerrilleiro do Centro, tamén coñecido como Federación Guerrilliera Centro-Extremadura. Traballou conxuntamente con Pedro Sanz Prades “Paco el Catalán” seguindo as directrices da Delegación Nacional do PCE que apostou por organizar un ambicioso Exército Nacional Guerrilleiro.

Encargouse de tarefas como a organización e o contacto cos fuxidos da zona centro para establecer unha fronte guerrilleira que debía abarcar as provincias de Madrid, Ávila, Toledo, Cidade Real, Albacete, Cáceres, Badaxoz e Córdoba. Puxo en marcha a Agrupación Guerrilleira de Extremadura o 15 de novembro de 1944, con apoio de Jesús Bayón González e Ramón Guerreiro, fuxidos do cárcere de Carabanchel o 14 de marzo dese ano. En marzo de 1945 foi enviado ao monte cos guerrilleiros ante o temor a ser detido en Madrid. Volveu á cidade e en abril de 1945 o PCE ordenoulle visitar as diferentes agrupacións. Despois dun período de convalecencia pasou a traballar no aparato político do PCE madrileño. En maio de 1946 recibiu o encargo de mandar o Exército Guerrilleiro do Centro, introducindo algúns cambios no seu organigrama.

Foi detido na súa casa de Madrid na madrugada do 13 ao 14 de setembro de 1946 como consecuencia da información facilitada por José Antonio Llerandi Segura “Julián”, capturado horas antes en Huerta Machuca.[1] Xulgado en consello de guerra o 22 de decembro de 1946, foi condenado a morte. Foi fusilado no cemiterio de Carabanchel con José Antonio Llerandi o 14 de xaneiro de 1947.[2]

Vida persoal

editar

Casou con Pilar Ruiz López e foi pai de José Miguel Isasa Ruiz.

  1. El Adelantado de Segovia,4-10-1946, p. 3.
  2. España Nueva, 18-2-1947, p. 1.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar